A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN CON OUTRAS ENTIDADES

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | junio 19th, 2017

O traballo en rede entre as entidades dunha localidade, promove a solidariedade, a integración e o sentimento de pertenza a unha comunidade da que formamos parte dunha maneira activa, como cidadáns comprometidos na súa mellora. Como integrantes de APEM Betanzos, fomentamos a participación e colaboración con outras entidades en organización de eventos como por exemplo a colaboración co Club BTT Caimanes. Este tipo de actividades consitúen a oportunidade dunha integración social real e efectiva das persoas con problemas de saúde mental como axentes sociais de cambio. Ó mesmo tempo, nestas colaboracións, membros das outras entidades e da sociedade en xeral decátanse de moitos dos prexuizos e estereotipos que tiñan respecto ás enfermidades mentais e as persoas que as padecen.

Por segundo ano, colaboramos con un dos clubs locais no acondicionamento do circuito para a celebración do Mini BTT Concello de Betanzos. Integrantes das dúas asociacións acondicionaron realizando labores de recollida de lixo e poda das árbores do circuito.

betanzos