A mellor terapia para relaxarse

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | junio 15th, 2016

Este ano en Apem Vimianzo tiven a oportunidade de ir a un balneario nas termas de Cuntis.  Estivemos no seu hotel e tamén acudimos ó circuito termal onde tivemos a oportunidade de bañarnos  e deixarnos fluír naquelas relaxantes augas.

Esta experiencia permitiunos desconectar, pois estas termas son moi boas para eliminar estrés e inducirnos a un estado de relaxación que nos vai permitir ter un bó sono reparador durante a noite. Aconsello a todo o mundo a que acodan ó balneario sempre que poidan pois axuda a despexar tensións emocionais Os chorros de auga saen con moita presión e axudan a descontraturar puntos no corpo con tensións.

Se tendes fillos podedes levalos tamén porque alí calmaranse a par que fan unha actividade recreativa diferente, non corren ningún perigo xa que están vixiados polos socorristas e danlles flotadores.

Os beneficios psicolóxicos que aportan estas augas fan que sexa unha terapia ó alcance da maior parte da xente porque non acostuman a ser moi caros para todo o que nos aportan.  Eu, agora que o descubrín espero poder repetir máis veces!

 

IMG_2061

 

Lourdes Rial Allo, cplaboradora do CRPL VIMIANZO