Cine, ocio e lecer

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | abril 24th, 2017

Sabemos que o cine converteuse en parte integrante da nosa cultura, no cal nos vemos reflexados todos e todolos días, e por eso que con este afán normalizador, puxemos en marcha xa desde hai unha temporada a Actividade “Tardes de Cine” en Apem Carballo, consistente en desprazarnos a un Centro Comercial (Marineda City) e despois de pasar alí a xornada  paseando, facendo compras e almorzando, adicamonos en horario de tarde a ir a unha das Salas de Cine e disfrutar de unha película,  guiados pola monitora e escollida   entre todos, entre as numerosas da cartelera. Normalmente non ten un contido predeterminado .

O Taller vai destinado a todos aqueles usuarios con dificultades para facer uso do seu tempo de lecer, ben pola características da enfermidade, o por condicionamentos económicos, sociais ou familiares. Os obxetivos que perseguimos son : Conseguir a participación no medio, diminuir o risco de deterioro ou marxinación, adquisición ou recuperación de destrezas, potenciar a integración no grupo e a normalización., e sobre todo e por encima de todo  pasar unha tarde agradable e distinta.

Cantas veces no cine  coñecemos por primeira vez a un autista, un leproso, un enfermo de Sida ou nos da unha determinada visión sobre unha persoa con unha enfermedade mental, e por eso que ó fomentamos xa que o vernos reflexados en un persoeiro ou en unha escea reflexionamos sobre os nosos problemas ou medos. En el sempre atoparemos unha visión, ou unha emoción coa que sentirnos identificados, facendonos rir ou chorar pero provocando sempre en nos unha reflexión nova.

De esta volta a película que tocou  ver  foi un thriller simpático pero con retranca : “ Un golpe con estilo”, no que tres ancians deciden arríscalo todo e embarcanse en un plan para atracar o banco que se quedou cos cartos das suas pensións.

 

Carballo