CONVENIO DE COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | marzo 10th, 2015

O día 5 de marzo, nas instalacións do Taller de Cerámica de APEM, tivo lugar o acto da firma do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do «PROXECTO DE FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL A TRAVÉS DA ARTESANÍA CERÁMICA». Contamos coa presenza do Presidente da Deputación da Coruña, D. Diego Calvo Pouso, ao que lle agradecemos o seu apoio.

O proxecto consiste, básicamente, na impartición dun curso de formación en artesanía cerámica, que ten unha duración de 8 meses e no que participan 20 alumnos. O devandito curso comezou no mes de decembro do ano 2014 e estenderase ata finais de xullo de 2015. Na visita, que se realizou a continuación do acto da firma do convenio, os nosos convidados puideron apreciar a evolución dos alumnos e alumnas nas distintas áreas de traballo.

 

presidente diputación Logo Diputación