ENCHENDO O TEMPO NO “PASATEMPO” EN BETANZOS

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | julio 20th, 2015

Desta vez, en Betanzos decidímonos por realizar a andaina de tódalas semanas polo Pasatempo, para poder coñecer ó mesmo tempo, curiosidades do mesmo. O Pasatempo comezou a realizarse no 1893, deseñado e costeado por D. Juan García Naveira, e concebido como parque enciclopédico onde se ven plasmadas as vivencias que este “indiano” (emigrante a América) adquiriu nas súas numerosas viaxes, convertindo así o Pasatempo nun canal de comunicación cultural cos seus concidandanos.

Seguindo unha serie de pistas, adentrámonos no parque, coñecendo varias das súas peculiaridades: a Fonte de Cupido, o Estanque de Salomón, o Estanque do Retiro (onde atopamos unha reproducción da Torre de Hércules!), dinosaurios, covas con estalagmitas e grutas (a da Recoleta é impresionante!). Como debe ser, finalizamos a visita guiada no gran león sito no terceiro nivel do Pasatempo, que é unha mostra da resistencia das estructuras do Parque.

Quedounos pendente o paso polos pasadizos das catacumbas, esquecimos as antorchas!!!

Doutra vez será.

 

11741859_961248903921263_117419270_n 11751290_961248933921260_169943330_n 11759635_961223200590500_1549778476_n