Esta semana por fin chegou o noso turno para irnos de vacacións!

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | septiembre 14th, 2015

O pasado xoves arrancamos dende Vimianzo e Cee cargados de ganas de pasalo ben dirección Hío, pero antes de comezar a nosa viaxe fixemos unha parada no Ézaro para facer unha ruta en kayak pola zona da cascada!! Foi unha experiencia que xa facía tempo que tiñamos ganas de probar e como era de esperar non nos defraudou!

O venres acudimos ó III Torneo de Pin-Pon que organizaba Feafes e Doa do cal saímos moi contentos e cun cuarto posto de Lolo máis que merecido e loitado! O tempo non nos acompañou demasiado, pero aínda así a viaxe foi todo un éxito, xa que cada noite fixemos unha festa temática e realizamos varias visitas turísticas cargadas de anécdotas e historias que nos recargaron as pilas a todos nos!! Vimos entre outras cousas Combarro e o Bosque Encantado pero hoxe é luns e toca a volta ó traballo e aquí estamos máis que contentos e queremos transmitirvos a vos toda esta enerxía positiva asi que BÓ LUNS!!!

collage_20150914161508662 collage_20150914141337578