Excursión a Sanxenxo

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | mayo 22nd, 2017

A pasada semana un grupo de usuarios do CRPL Sara Vázquez disfrutaron dunha pequena escapada de 4 días a casa vacacional de Feafes en Sanxenxo.

Nesa excursión aproveitamos para visitar e coñecer lugares da nosa xeografía de tremenda beleza, como son o paseo marítimo de Sanxenxo e Portonovo, así coma o seu litoral cheo de praias preciosas, a Illa da Toxa e a vila do Grove así coma o parque Natural da Barosa no concello de Barro.

Tamén aproveitamos para facer actividades de ocio coma unha ruta en barco para coñecer o traballo realizado nas bateas e degustación de mexillóns a bordo, senderismo, paseo polas praias, iso si, vestidos, e cenas temáticas na casa.

Uns días xeniais que serviron para desconectar  e disfrutar a tope das vacacións.

 

Culleredo