Moneyball: Beisbol, Ciencia, Competitividade

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | diciembre 15th, 2016

Eu non pensaba ver esta película ese día e a esa hora na televisión maís, ao mellor, polo moito que se falou do seu protagonista, Bratt Pitt, un dos meu preferidos, puxenme a vela e moito me gustou.

Non tendo claro as reglas do béisbol ten mérito que esta película me enganchara, o que xustifico nas grandes actuacións dos actores e no ben que a película te somerxe no ambente ultracompetitivo do deporte profesional. Estuda os xogadores de forma diferente a tradicional, quedándose cos mais infravalorados.

E salientable tamén o papel que ten a ciencia.O protagonista desesperado porque a sua escadra obteña un resultado digno na liga o fía todo a un método estadístico para obter criterios obxetivos, configurar e posteriormente modificar a súa plantilla de xogadores. O que o leva a ter que prescindir dos seus axudantes, asesores deportivos veteranos,que non queren oir falar de métodos revolucionarios.

Unha historia cargada de multiples lecturas da que se debería extraer unha mensaxe práctica e chea de sabiduría, extrapolando as cuestions do beisbol a case calquera ámbito.

En definitiva que a min esta historia me seduxo polo que non poido facer outra cousa que recomendala.

 

Colaborador Juan José Pallas Aldao. Crpl Carballo.

Escea da película

Escea da película