O camiño é a meta

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | octubre 9th, 2017

Varios chicos e chicas de Apem participamos na actividade do Camiño de Santiago realizada por FEAFES. Saímos de Salceda o día 27 de setembro e chegamos a Santiago de Compostela o 29. En concreto, fomos dos centros de Sagrada Familia, Los Chopos e Betanzos aínda que alí mesturámonos con persoas de toda Galicia e de diferentes asociacións. Algúns xa eran expertos na materia mentres que para outros foi unha novidade pero, sen dúbida, inesquecible para todos. Puidemos compartir experiencias e vivencias con outras persoas, coñecer novas realidades, outras formas de traballar e incluso outras formas de xogar ás cartas! Pasamos as mañás camiñando e gozando das paisaxes e da natureza da Galicia interior. Despois, chegábamos aos albergues con fame así que tocaba comer e logo unha duchiña para continuar compartindo momentos charlando, xogando ou dando un paseo (si, aínda nos quedaban ganas de andar!). Todos comparten que foi unha experiencia estupenda na que reforzaron os seus lazos sociais e a súa autoestima ao verse capaces de superar os obstáculos do camiño e descubrir que son máis fortes do que pensaban. Volvemos coas pilas cargadas pero ollo, teñen data de caducidade, o próximo ano teremos que volver para recargalas. Bo camiño a todxs sexa cal sexa o voso.

 

Chopos 1 Chopos 2 Chopos 3