O espontáneo tamén se traballa

Por: | Etiquetas:: | Comentarios: 0 | septiembre 18th, 2017

Volta o teatro espontáneo a Chopos e faino por todo o alto. Excepto en agosto, o primeiro mércores de cada mes algúns dos chicos e chicas participan nesta actividade. Pero este mércores en concreto tivemos unha sesión moi especial na que todos e todas participamos dun xeito ou doutro, xa fose activamente ou como público. Dicimos moi especial porque foi un ensaio, unha preparación para o evento que se celebrará o día 4 de outubro no Museo de Arte Contemporáneo con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde Mental. Deste xeito, estivemos afondando un pouco máis nos fundamentos do teatro espontáneo e collendo soltura e confianza en nós mesmos para poder facelo o mellor que sabemos.

IMG_20170906_125010 IMG_20170906_115547

Deja tu respuesta