O taller de autonomía en ocio de Betanzos

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | octubre 16th, 2017

O pasado mes de xaneiro comezamos a desenvolver o taller de autonomía no ocio no CRPL de Betanzos. Trátase dun taller no que se busca evitar hábitos de sedentarismo e de aburrimento, aprender a organizar o tempo libre dun xeito enriquecedor e potenciar a autonomía e a integración na sociedade.

Para estas saídas búscase que os protagonistas sexan os participantes do centro. Son eles os que, a través dunhas nocións básicas dos profesionais, buscan toda a información relativa a esa saída: localización do lugar a visitar, prezos para realizar a visita, xeito de desprazamento, historia do lugar, cousas interesantes que ver na contorna, rutas alternativas, manexo do GPS, solicitude de visitas guiadas, etc….

Ata o momento levamos realizadas varias saídas a diferentes localizacións:

  • Mosteiro de Sobrado dos Monxes
  • Castelo de Santa Cruz
  • Monte de San Pedro
  • Xacemento arqueolóxico de Pena Furada
  • Punta San Mamede
  • Roteiro Costa do Dexo e Aula do Mar de Mera
  • Roteiro Os Caneiros
  • Roteiro Pelamios
  • Roteiro de Chelo
  • Visitas guiadas polo casco histórico de Betanzos
  • Actividades e exposicións no Liceo de Betanzos (Mirar con-Tacto, exposicións fotográficas, etc.)

Tras estes meses podemos afirmar que a actividade está cumprindo cos obxectivos marcados, pois o nivel de autonomía na busca de ofertas de ocio e organización das saídas aumentou, afianzáronse vínculos entre os participantes e conseguiuse que buscasen e programasen actividades pola súa conta.

 

Betanzos

Deja tu respuesta