Outubro Saúde Mental e Xornadas de Teatro en APEM Carballo

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | octubre 24th, 2017

Este mes de Outubro celebrouse o día mundial da saúde mental, en Apem Carballo como en outros lugares fixéronse varias actuacións de cara a conmemoración deste día sempre buscando a visibilidade da enfermidade mental e a integración das persoas que a padecen día a día, intentando que a sociedade non as estigmatice, e acadar con cada pequena acción un paso máis cara a integración total na sociedade.  Iniciamos a andaina nas actividades coa participación nunha actividade de teatro espontáneo no Museo de Arte Contemporáneo da Coruña da man de Lusco e Fusco. O día 11 de Outubro, e en colaboración con FEAFES, estivemos no Centro de Saúde de Carballo cunha mesa informativa coa que intentamos implicar a todos os que pasaban invitándoos a darnos a súa opinión sobre “Cómo fomentarían a saúde mental no traballo”, a verdade é que sorprendeunos a colaboración tanto das persoas que acudían ás citas como do persoal do centro. O día 14 de Outubro participamos en colaboración con Apem Cee e Vimianzo na Cea Solidaria, na que nos acompañaron máis de duascentas persoas, o 17 de Outubro participamos nas Xornadas de Teatro de Feafes que este ano organizou Apem Coruña e que resultaron moi gratificantes, e para rematar este sábado 21 ás oito e media da noite representamos de novo a nosa obra “Unha de romanos” no remate da XX Semana dos avós organizada pola parroquia de San Xoan Bautista de Carballo e a Asociación da Terceira Idade Centro Social San Xoan Bautista de Carballo, un mes cargado de actos, emocións e satisfacción para todos.

 

Carballo