PARTICIPAMOS NO PROXECTO e-MOTIONAL TRAINING

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | junio 19th, 2017

Esta pasada semana profesionais de APEM-Carballo acudiron á presentación  de e-Motional Training no salón de actos de ACIS a Axencia de Coñecemento en Saúde, entre outras personalidades do SERGAS a presentación do programa estivo a cargo de Alexandre García Caballero, Prof. Asociado de psiquiatría USC, e Psiquiatra Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, quen se encargou de explicar o desenvolvemento do programa que xa se está a probar con un grupo de usuarios do servizo de CRPL de APEM en Carballo. Tal e como reza no manual de usuario: “e-Motional Training TM é un programa de auto-adestramento online para  rehabilitación en cognición social dirixido a pacientes con trastornos mentais como a esquizofrenia, o trastorno bipolar, ou os trastornos do espectro autista, entre outros.  A versión inicial do programa comezou a desenvolverse no ano 2011, estando operativa en 2013 e os seus resultados foron xa publicados a nivel internacional. Un dos seus compoñentes o videoxogo Second Chance recibiu o IPREMIO NACIONAL AL MEJOR VIDEO JUEGO EN EL CERTAMEN Esalud 2016  e o programa completo foi galardoado co II PREMIO NACIONAL INNOVA eVIA ao mellor proxecto en Innovación de saúde 2015”.

A vantaxe fundamental é a posibilidade de que os enfermos realicen o traballo cognitivo desde o propio domicilio e adestrar ós profesionais no recoñecemento de doenzas a través dos xestos. Nestes momentos traballan nunha aventura gráfica, trátase dun videoxogo en que os doentes teñen que perder a ambigüidade propia da súas doenzas e salvar varias barreiras. A análise destes resultados servirá de axuda aos profesionais que os atenden, e dotarán ós mesmos dunha ferramenta para traballar desde os servizos e mellorar a calidade de atención para cos nosos usuarios. Agradecemos a todos os integrantes do grupo de traballo e en particular á psiquiatra María Lado que nos dese a oportunidade de participar nesta iniciativa que vai traer un novo xeito de facer no traballo diario coas persoas afectadas por unha enfermidade mental.

Emotional Training 1 Emotional Training 2