Programa de ocio na fin de semana en Betanzos

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | mayo 16th, 2016

Xa levamos sete meses traballando o ocio nas fins de semana. Son moitas as ofertas culturais e de ocio que se desenvolven únicamente nas fins de semana, por iso, en Betanzos, ante a demanda existente, creamos un grupo de ocio para poder xestionar e quedar para acudir a diferentes eventos. Analizamos a oferta semanal, compartimos e escollemos os eventos que máis nos interesan.

Representacións teatrais, concentracións moteiras, exposicións, cine, feiras, presentación de libros, ceas e concertos encheron durante este tempo as fins de semana sempre en boa compaña. Este venres quedamos para cear e logo ir ó concerto de Mundo Chillón, aquí en Betanzos e o domingo de ruta de sendeirismo por Caaveiro.

Xente con xente, en definitiva, o que nos fai falla.

 

Betanzos 1 Betanzos 2