17abr, 2017

Participamos no Programa de Ocio de FEAFES Galicia

Por: | Etiquetas:: , ,

Os días 4, 5 e 6 de abril, catro participantes de APEM Betanzos realizaron unha viaxe por Asturias dentro do Programa de Ocio de Feafes Galicia. Durante tres días visitaron diferentes localidades, museos e sitios de interese, compartindo con outras asociacións federadas esta experiencia. O próximo mes de maio, outras 7 persoas  de Betanzos disfrutarán dunha Estancia de Convivencia en Sanxenxo de tres días de duración, e xa para finais de setembro, poderemos participar tamén na realización do Camiño de Santiago, experiencia altamente recomendable cuns valores de convivencia, colaboración e […]
Sigue Leyendo

3abr, 2017

Mirar conTACTO

Por: | Etiquetas:: ,

O próximo martes 28 de marzo, en APEM Betanzos realizaremos unha saída cultural co fin de coñecer o proxecto “mirar conTACTO”, presente no edificio Liceo de Betanzos entre o 23 de marzo e o 30 de abril. A Fundación María José Jove, en colaboración co Concello de Betanzos, pretende facilitar o coñecemento e o disfrute de varias obras artísticas a través do tacto e do oído. Para iso utilizaremos antifaces, contaremos con carteis en braille e estaremos acompañados/as por unha guía durante o percorrido.  
Sigue Leyendo

6mar, 2017

Colaboración na celebración do Día Internacional da Muller en Betanzos

Por: | Etiquetas:: ,

Como cada ano o Concello de Betanzos organiza diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller. Este ano, contarán con dúas exposicións, unha novidosa ruta guiada por Betanzos “Betanzos en Feminino”, o concerto de  Femininoplural, charlas para alumnado de secundaria de prevención do machismo e a tradicional Xuntanza de Labores Artesanais, que acada a súa decimoterceira edición. Esta xuntanza reunirá preto de cincocentas mulleres chegadas de diferentes lugares. Nesta edición, o Concello de Betanzos contou con APEM Betanzos para que sexamos os encargados da elaboración do agasallo que dará […]
Sigue Leyendo

14feb, 2017

¿Por qué practicar deporte favorece á nosa saúde?

Por: | Etiquetas:: , ,

O exercicio é unha actividade moi importante dun estilo de vida saudable. Prevén os problemas de saúde, desenvolve a resistencia, brinda máis enerxía e pode axudar a reducir o estrés diario. Ademais, axuda a manter un peso corporal saudable sempre e cando manteñamos unha dieta equilibrada. Por todos estes motivos, en Apem Betanzos ampliamos o abano de actividades deportivas co fin de mellorar a calidade de vida de todas as persoas.
Sigue Leyendo

30ene, 2017

Programa de Atención Integral a Domicilio

Por: | Etiquetas:: ,

Debido ás novas necesidades reforzamos o Programa de Atención Integral a domicilio. Este programa ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas dotándoas das habilidades básicas necesarias para manter unha vida independente axeitada. Trabállanse, polo tanto, aspectos como a hixiene e o coidado persoal, a limpeza e a organización da vivenda, a xestión de recursos económicos, o asesoramento e o acompañamento a outras xestións (médicas ou outras), etc. Actualmente no CRPL de Betanzos contamos cun total de sete persoas que viven soas e unha parte delas requiren do […]
Sigue Leyendo

23ene, 2017

Comezo do taller de autonomía no ocio 2017

Por: | Etiquetas:: , ,

Para inaugurar este novo taller, o martes organizamos unha saída para visitar o Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Gozamos dunha visita guiada da man dun dos monxes beneditinos que leva no mosteiro dende o ano 2009. Grazas ás súas explicacións aprendemos parte da historia do mosteiro, da súa arquitectura e da vida diaria dos monxes. Ademais, tamén coñecemos sen querer información da historia betanceira, posto que o reloxo que actualmente está na Igrexa de Santo Domingo, na praza central betanceira, adquiriuse no mosteiro en poxa legal no período de desamortización […]
Sigue Leyendo

16ene, 2017

Nova programación

Por: | Etiquetas:: ,

Coa entrada de ano e o reforzo de persoal e voluntariado, dispoñémonos a iniciar novas actividades dende o CRPL. Así, engadimos ó horario habitual máis saídas culturais e de ocio, a actividade de puzzleterapia, e a de musicoterapia. Por outro lado, engadimos novidades con novos talleres que compaxinaremos cos xa existentes, aumentaremos o tempo adicado á actividade físico-deportiva e comezaremos con novos proxectos de colaboración con outras entidades locais seguindo a liña do traballo realizado en anos anteriores e continuando co obxetivo final da integración das persoas como cidadáns activos […]
Sigue Leyendo

10ene, 2017

Musicoterapia para comenzar o ano

Por: | Etiquetas:: , ,

Sabiades que a música é unha experiencia sensorial que pode activar todas as áreas cerebrais simultaneamente? En Betanzos, da man do novo Integrador Social, Ángel, estamos a realizar este taller co fin de mellorar o estado de saúde e benestar dos participantes. Esta actividade resulta útil porque dispara o funcionamento do cerebro no sentido emocional, cognitivo e físico.  
Sigue Leyendo