13Sep, 2016

ANDAINA SOLIDARIA COMO EVENTO CENTRAL NO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2016 EN BETANZOS

Por: | Etiquetas:: , ,

Como adiantamos a semana pasada, xa temos os detalles da Andaina Solidaria. As inscricións poderanse realizar a través do ingreso en conta bancaria ou ben nos establecementos físicos que aparecen no cartel. Non deixedes de apuntarvos, se tedes dificultade contactade coa delegación da nosa asociación en Betanzos e vos facilitaremos a labor. Vémonos o 9 de Outubro!!!!
Sigue Leyendo

6Sep, 2016

PREPARATIVOS PARA O DÍA MUNDIAL DA SÁUDE MENTAL

Por: | Etiquetas::

Un ano máis achégase o día 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental. En Betanzos este ano apostamos por unha actividade de sensibilización e visibilización social da importancia da Saúde Mental. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Clara e Mónica, organizadoras das andainas solidarias betanceiras “Hoxe camiñamos por….”. Esta nova andaina será a terceira que organizan e o obxectivo que buscamos con esta colaboración é involucrar a toda a comunidade para conseguir visibilizar a importancia dunha boa saúde mental a través dunha actividade integradora e aberta a tódalas persoas. […]
Sigue Leyendo

29Ago, 2016

Volta Ciclista a España con salida dende Betanzos

Por: | Etiquetas:: ,

Este martes os compañeiros de Betanzos tivemos o privilexio de ver a saida da etapa 4 (Betanzos – San Andrés de Teixido) dende unha balconada na mesma plaza dónde se efectuaba a saída. Todo tipo de público deuse cita na plaza García Irmáns con xente de diferentes provincias e  desfrutamos dun ambiente festivo durante toda a mañá, observando os preparativos e a gran infraestructura que move a volta ciclista a España.    
Sigue Leyendo

22Ago, 2016

Festas de San Roque

Por: | Etiquetas:: ,

Un ano máis de tantos, os compañeiros de Betanzos asistimos as festas de San Roque para celebrar os festexos  que teñen lugar dende o século XIX. Durante unha semana, do 14 ao 25 de Agosto, ambos inclusive, realízanse diferentes actos de carácter tradicional e relixioso en conmemoración do patrón da nosa comarca. Un dos días máis relevantes foi o martes, día que se centrou no lanzamento do “Globo de Papel” e este xoves “Os Caneiros”. Celebracións nas que ten cabida todo tipo de público e por ende desfrutamos de tan […]
Sigue Leyendo

16Ago, 2016

REcicla, REutiliza, REduce e REinventa

Por: | Etiquetas:: , ,

A preservación do medio ambiente e o aforro e uso racional dos recursos son responsabilidades que nos atañen a tódolos cidadáns. Por iso, desde o CRPL de Betanzos fixemos unhas xornadas sobre a reciclaxe, tarefa na que se pode sacar proveito nas diferentes facetas da vida diaria. A través de diversos exercicios levamos a cabo unha acción informativa-formativa en pro da concienciación da importancia social, económica e ambiental da reciclaxe dende unha perspectiva creativa. Alén do tradicional uso da reciclaxe coa división de materiais según os contedores de lixo, entre […]
Sigue Leyendo

8Ago, 2016

Club de Lectura en Apem-Betanzos

Por: | Etiquetas:: ,

Comezamos en Betanzos unha nova actividade, o noso club de lectura que bautizamos como Club de Lectura Xururuca, facendo referencia ó primeiro libro lido he comentado no club Mi planta de naranja lima, de Jose Mauro de Vasconcelos. Nesta primeira xuntanza do club, falamos do autor, da súa biografía, da súa obra e en concreto desta, que narra feitos tan duros dunha forma tan sinxela e ó mesmo tempo profunda. Para falar da trama, dos temas tratados e describir as personaxes optamos por escoller cada un unha delas e presentarnos ó grupo. […]
Sigue Leyendo

1Ago, 2016

XVI Semana Internacional de Cine en Betanzos

Por: | Etiquetas:: ,

Estes días fomos espectadores na gala destinada a Semana Internacional de Cine realizada en Betanzos e adicada a Zaza Ceballos. Baixo o lema “Mujeres de película” o festival revisou a filmografía da fundadora Zenit Televisión SA, na que tras un largo percorrido coma productora deu o paso á dirección para rendir tributo a unha serie de mulleres que romperon moldes, coma “A Bela Otero” que tivemos a honra de participar na súa proxección. Ademáís emitíronse outras películas coma ”O bonito crime do carabineiro” no que tamén estivemos presentes e gozamos coa […]
Sigue Leyendo

26Jul, 2016

Badminton playa

Por: | Etiquetas:: , ,

Aproveitando o bo tempo que nos brinda xullo, os compañeiros de Betanzos decidimos facer algo de exercicio á vez que disfrutamos da praia facendo bádminton. Dito deporte é estimulante e entretido, pero se lle sumamos a propiocepción e resistencia que nos ofrece a area encontrámonos con que fortalecemos moito máis o noso corpo e acabamos máis cansados do que esperábamos. Aínda así temos ganas de repetir outra vez e suxerímosvos a experiencia.    
Sigue Leyendo

18Jul, 2016

Colaboración APEM BETANZOS- CLUB BTT CAIMANES

Por: | Etiquetas:: ,

  Achegase o día tan esperado do III Mini BTT Concello de Betanzos, competición que terá lugar o próximo 24 de xullo ó lado do Pasatempo. Foron varias semanas de traballo xunto co Club Caimanes construindo e adecentando este circuito que fará as maravillas da xente miúda e de todos e todas os que nos achegaremos a animalos e disfrutar con eles. Ata o 24, aínda quedan tarefas por facer, e encantados de colaborar e poder formar parte de actividades que fomentan o deporte nos máis novos. Recordemos que practicar […]
Sigue Leyendo

11Jul, 2016

Partida de bolos en Santa Cristina

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado luns os compañeiros de APEM Betanzos acercámonos ata a bolera de Santa Cristina para experimentar por primeira vez unha partida de bolos. Con este exercicio lúdico ademáis de facernos pasar un rato agradable e divertido traballamos múltiples facetas que pertencen a psicomotricidade (destrezas motoras grosas, atención e concentración, coordinación, equilibrio e praxias entre outras), modificamos estratexias de xogo e afinamos a nosa puntería o mesmo tempo que propiciamos a socialización. Despois de este xogo que desatou paixón e competitividade demos unha volta polo paseo marítimo para relaxarnos e […]
Sigue Leyendo