13Sep, 2016

VIAXE A MADRID

Por: | Etiquetas:: ,

Xa o temos todo preparado para a nosa escapada de fin de semana á capital. Serán os días 23, 24 e 25 de Setembro, e xa estamos impacientes. Billetes de tren na man, hostal reservado e billetes da Warner mercados, só falta os últimos retoques de última hora, pero polo demais todo marcha en orden O noso itinerario será o seguinte: Chegaremos o venres á 1 da tarde, deixaremos o equipaxe e comeremos tranquilamente, despois dedicaremos a tarde para coñecer o centro de Madrid, as rúas e os monumentos mais […]
Sigue Leyendo

6Sep, 2016

COMEZAMOS SETEMBRO

Por: | Etiquetas:: ,

E iso significa que comezamos a vir polas tardes, e mentres teñamos bo tempo ás tardes as pasmos fora, dando paseos pola zona e coñecendo novos lugares, que os temos aquí ao lado, pero que moitos de nós aínda non coñecíamos. Iso é o que fixemos  as chicas que participan na actividade física e deportiva do xoves 1 de setembro, estreamos mes, e estreamos nova ruta de sendeirismo; desta vez tocou un paseo fluvial, na beira do río Mero, en Cambre; unha zona verde ao ladiño do pobo, e totalmente […]
Sigue Leyendo

20Jun, 2016

CAMPIONATO DE PIMPÓN:

Por: | Etiquetas::

Este venres en Apem Culleredo festexamos o I Campionato de Pimpón 2016; xa que agora temos a sorte de ter una mesa en condición e podemos practicar para baternos a duelo, había que aproveitar. Fixemos unha clasificación propia da liga de baloncesto norteamericana, por conferencias. Os que pasasen a primeira ronda pasarían ás semifinais, e de entre os triunfadores se xogou a gran final!! Ao final, tras moitos nervios, suor e emocións o triunfo foi parar ás mans de Rafa, que tras este campionato xa lle coñecemos co alcume de […]
Sigue Leyendo

7Mar, 2016

Paseo polo Burgo

Por: | Etiquetas:: , ,

O martes pasado, aproveitando que a chuvia nos deu unha tregua, decidimos cambiar as clases de Zumba por unha camiñata polo paseo do Burgo. A verdade é que xa facía tempo que non o faciamos, porque durante o inverno é moi complicado, pero xa tíñamos ganas. Estamos desexando que chegue a primavera e o bo tempo para poder retomar os nosos longos paseos pola ría do Burgo, ou mesmo achegarnos ata a praia de Santa Cristina.    
Sigue Leyendo

29Feb, 2016

Sesión de cine

Por: | Etiquetas:: ,

Este pasado mércores, como cada derradeiro mércores de mes, fixemos unha mini escapada para ir ao cine; aproveitando que os mércores está de oferta desprazámonos ata as instalación de Yelmo Cines, no centro comercial de Espacio Coruña, para ver “DeadPool”. A película foi do agrado dos chicos que fartáronse a rir, e pasaron unha boa tarde…. Ver unha peli nunha pantalla xigante, con butacas cómodas e acompañada de refrescos e pombiñas de millo non é mal plan non? Para o derradeiro mércores do mes de marzo voltaremos! A ver cal […]
Sigue Leyendo

22Feb, 2016

Mudanza Casa Rosa de Culleredo

Por: | Etiquetas:: , ,

Xa sabedes que nos mudaremos, esperamos que dentro de pouco  tempo, á Casa Rosa de Culleredo, o noso novo centro; e mentres  se rematan  as obras e se pon ao día a documentación pertinente para dar este paso, nós polo pronto, xa empezamos cos preparativos. Pouco a pouco embalamos e colocamos en caixas algunhas das nosas cousas, cousas que nun principio, na actualidade non necesitamos para noso traballo do día a día, e as levamos ata alí. Vamos adiantando deste xeito a mudanza para evitar despois “pegarnos o atracón”.  
Sigue Leyendo

15Feb, 2016

Entroido 2016

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado luns 8 de febreiro festexamos, un ano máis, a festa do Entroido. Como dudabamos en si facela pola mañá ou pola tarde, xa que a facíamos pola maña había xente que non podía asistir, e si a faciamos pola tarde pasaba exactamente o mesmo, decidimos tira la casa pola fiestra e facela pola mañá e pola tarde… para que todos os chicos puideran asistir a tal prestixioso evento, e houbo quen repetiu! Así pois, disfrazadas  e maquillada das “Paquis” cantamos a nosa canción “Xa non podo mais”; bailamos […]
Sigue Leyendo

1Feb, 2016

Gymkana: Búsqueda do tesoiro. Coñece a Casa Rosa.

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado mércores, fomos a visitar o que serán as nosas novas instalación, e ver como está quedando todo, tras as reformas pertinentes. Para que a visita non fose unha ruta sen mais, quixemos ir mais alá, e organizamos unha gymkana por toda a casa rosa, na que, por equipos (o equipo vermello, e o equipo rosa) tiñan que ir atopando pistas polas habitacións desta, e facer unha serie de probas para pasar á seguinte pista. O equipo gañador sería recompensado cun “tesoiro” que neste caso era unha caixa de […]
Sigue Leyendo

25Ene, 2016

Preparando o Entroido

Por: | Etiquetas:: ,

Case estamos dixerindo os turróns do Nadal e xa estamos a pensar no Entroido, o motivo é que este ano o Entroido cae a comezos de febreiro e nos queda pouco tempo para organizar e preparar os disfraces. Nós, polo pronto, xa tivemos unha primeira reunión na cal elaboramos unha chuvia de ideas acerca do tema, a música e unha primeira aproximación do que será a letra… aínda queda moito traballo por facer así que estamos mans á obra! Se queredes saber mais tendes que esperar a febreiro!
Sigue Leyendo

18Ene, 2016

Botando a vista atrás

Por: | Etiquetas:: , ,

O pasado venres xuntámonos todos e vimos uns vídeos recopilatorios das nosas mellores fotografías do 2015, para recordar todas as actividades, excursións, paseos, e festas que fixemos durante todo o ano. Elaborado por Cristina, usuaria do CRPL de Cambre, cada temática ía acompañada dunha música acorde ,e así, ademais de recordar todas as anécdotas vividas, púxosenos un sorriso na cara! Xa estamos traballando nas actividades, excursións, paseos e festas para este ano 2016, esperemos que a finais do ano, teñamos unha recopilación tan extensa coma este, e a mochila cargada […]
Sigue Leyendo