16Feb, 2015

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

Por: | Etiquetas:: , , ,

En Cee e Vimianzo levamos xa varios días preparando a nosa festa de entroido! Os que nos coñecedes xa sabedes que nos gusta explotar a nosa creatividade ó máximo e estamos xa con moitas ganas de ensinarvos as nosas actuacións e por suposto toda a decoración! Este ano imos volver ó pasado, ós anos 80, e invitámosvos á nosa discoteca particular! Discotequeros, hippies, rockeros,chicas da época… e uns pinchos moi orixinais son os nosos ingredientes para pasar unha tarde repleta de diversión. Amosámosvos algúns momentos de traballo e na próxima […]
Sigue Leyendo

9Feb, 2015

Desta si!!!

Por: | Etiquetas:: , ,

Fai unhas semanas comentamos que no próximo partido de fútbol sala da liga de Feafes, sairiamos pola porta grande e así foi. Neste caso o equipo rival foi a Asociación Portanova, estivo moi emocionante xa que os chicos dérono todo e ó final proclamámonos vencedores!!.
Sigue Leyendo

2Feb, 2015

Entrevista: Club Triatlón Costa da Morte

Por: | Etiquetas:: , , ,

Xa que cada día é maior a afección polo deporte na sociedade, esta semana os nosos chicos decidiron entrevistar tanto a Francisco Rodríguez Garrido o presidente do Club Triatlón Costa da Morte como a José Tomé Súarez o secretario. A iniciativa de formar o club xurdiu fai un mes cando un grupo de mozos emprendedores pretendían fomentar a participación dos cidadáns  no deporte, resaltando os que forman o Triatlón ; a natación, ciclismo e running. Os usuarios realizaron todo tipo de preguntas ós entrevistados e foi todo un éxito.
Sigue Leyendo

26Ene, 2015

Baixando as comilonas navideñas

Por: | Etiquetas:: , ,

Despois dunhas datas farturentas do nadal os nosos chicos comezan o ano con gañas de queimar calorías!, e nada mellor que participar na liga de fútbol sala de Feafes . Nela xogamos once asociacións de toda Galicia pertencentes a dita federación. Neste partido enfrontámonos á Asociación Morea e tivemos mala pata; aínda que puxemos todo o noso empeño, e comezamos gañando, ó final os nosos visitantes acabaron impoñéndose. De todas formas como somos bos deportistas quedámonos con iso de que: o importante é participar! Desde xa comezaremos a prepararnos para […]
Sigue Leyendo

19Ene, 2015

Campaña MENTALÍZATE, chega a Cee e Vimianzo

Por: | Etiquetas:: , , , ,

O pasado xoves dúas das nosas profesionais de Cee e Vimianzo comezaron coas charlas de sensibilización da Campaña Mentalízate, promovidas por FEAFES, no I.E.S. Pedra da Aguía en Ponte do Porto, pasaron unha agradable mañá cos alumnos e alumnas de 3º da E.S.O. falando do traballo da nosa entidade e da enfermidade mental, resolvendo todo tipo de dúbidas e intentado liberalos de calquera prexuízo ou idea preconcebida ao respecto; estiveron moi colaboradores e os resultados foron tremendamente positivos! E con esta motivación seguiremos coas charlas no C.E.I.P Manuela Rial e […]
Sigue Leyendo

12Ene, 2015

Os Reis Magos en Cee

Por: | Etiquetas:: , , ,

A pasada semana estivo chea de emocións en Cee, chegaron os Reis! E non paramos: O luns fixemos unha saída para ver a cabalgata, acompañada de fogos de artificio e gaiteiros, xa que non conseguimos moitos caramelos tomamos un café con churros! E o martes pola mañá os nosos usuarios/as almorzaron o clásico roscón de Reis e abriron os regalos! Agora toca o máis difícil, a volta á normalidade!!      
Sigue Leyendo

5Ene, 2015

En Cee tamén teñen a súa Porta do Sol

Por: | Etiquetas:: , , ,

Esta semana na residencia de Cee estiveron de festa rachada dándolle a benvida ao ano novo: comeron as uvas, brindaron e estiveron de baile ata as tantas da mañá! Xa queda menos para rematar as festas, pero estamos aproveitandoas ao máximo, e para a semana todavía quedan moitas sorpresas… Aquí vos deixamos unha foto dende a nosa particular Porta do Sol na que varios dos usuarios/as de Cee vos desexan un feliz 2015!  
Sigue Leyendo

30Dic, 2014

APEM CELEBRA A SÚA FESTA DE NADAL NA LOCALIDADE DE CEE

Por: | Etiquetas:: , ,

O martes, 23 de decembro ás 16,30 h. celebrouse no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o nadal. Comezou a festa cun entrañable vídeo feito polo persoal da asociación onde se lle facían preguntas os usuarios relacionadas co nadal. Aparecían imaxes deles de cando eran nenos e contaban anécdotas daquela época. A gravación finalizou cunha panxoliña escenificada por todos. Despois desfrutamos da actuación en directo do cantante Sergio Trillo, “Serj”, que nos deixou abraiados tanto pola […]
Sigue Leyendo

22Dic, 2014

Outra festa, esta vez en APEM de Cee

Por: | Etiquetas:: , ,

Esta semana o equipo de traballadores e traballadoras de APEM en Cee e Vimianzo celebraron unha cea na que poder verse antes das vacacións de Nadal e desexarse todo o mellor para o vindeiro ano; todo isto no medio dunha semana chea de emoción e moito traballo ultimando os preparativos da festa de Nadal que se celebrará o próximo martes 23, será unha tarde máxica: estades todos e todas máis que invitados!
Sigue Leyendo

15Dic, 2014

OLOR A NAVIDAD!!!!!!

Por: | Etiquetas:: , , ,

Durante toda la semana estuvimos dando un toque de color  a nuestros centros en Cee y Vimianzo tanto como en la residencia con ayuda de los usuarios. Hemos puesto un belén, tenemos cesta y por supuesto árbol y adornos por doquier… Ahhh y sin olvidarnos de la superfiesta que estamos preparando y de la cual aún  no haremos adelantos… Esto ya huele a Navidad!!!    
Sigue Leyendo