3Ene, 2017

ENTREVISTA DO MES DE DECEMBRO

Por: | Etiquetas:: ,

Como cada último mércores de mes tocou facer entrevista na nosa sección en radio Nordés. Nesta ocasión a persoa entrevistada foi Luís Miguel Bardanca, un referente no mundo das carreiras integradoras. Coñecemos a Luís Miguel durante o circuíto de Carreiras da Costa da Morte e nas rutas integradoras ós faros. Con tan só 13 anos tivo un accidente que o obrigou a quedarse nunha cadeira de rodas, agora con 30 acaba de recibir un premio especial á superación pola súa participación en todas as carreiras da bisbarra. Está rompendo estigmas […]
Sigue Leyendo

28Dic, 2016

FESTA DE NADAL

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado xoves, 22 de decembro ás 16:30h. celebramos no centro de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o Nadal. A festa, como sempre moi emotiva, deulle máis ca nunca protagonismo aos usuarios da unidade residencial e centro de rehabilitación de Cee e Vimianzo, que micrófono en man, dispuxéronse a presentar a gala na que se bailou e cantou ó son de panxoliñas. Durante o festival presentouse en primicia a panxoliña composta polo cantautor Sergio Trillo, “Serj”, titulada “Chega o Nadal”, interpretada por tódolos usuarios. Desfrutamos da actuación […]
Sigue Leyendo

29Nov, 2016

ACTO CONTRA LA VIOLENCIA DE GENERO

Por: | Etiquetas:: ,

El Viernes asistimos al acto celebrado con motivo del Dia contra la Violencia de Genero, en especial contra la mujer. Agradecemos la invitación por parte del CIM ( Centro de Información a la Mujer ) del Concello de Cee. El acto se celebro delante del concello en la Plaza 8 de Marzo. A lo largo de todo el acto pudimos ver como los colegios de la zona apoyaban la causa, con pancartas, con una puesta en escena de una pequeña obra y con el nombramiento de todas las mujeres que  […]
Sigue Leyendo

22Nov, 2016

participando na Semana Gandeira de Mazaricos

Por: | Etiquetas:: ,

Esta semana fomos partícipes na Semana Gandeira no Concello de Mazaricos, onde ejercemos de monitores dun dos nosos talleres de elaboración de chapas. Foi unha experiencia única onde puidemos ensinar ós máis pequenos como facer paso a paso unha chapa, e onde os nenos e nenas podían facer despois as súa propia chapa personalizada. Sentímonos realmente satisfeitos e entusiasmados coa actividade, demostrando que cada día somos máis capaces de unha integración normalizada na sociedade.
Sigue Leyendo

17Nov, 2016

O invitado sorpresa

Por: | Etiquetas:: , ,

O pasado xoves 10 de novembro tivemos a honra de compartir unha agradable mañá cun personaxe moi importante da nosa zona. Recibimos ós nosos compañeiros de APEM Coruña e entre todos fixémoslle unha entrevista super interesante que poderedes ler na quinta edición da nosa revista Vimbios. Intrigados eh? Pois aí vos van unhas cantas pistas, a ver se logrades adiviñar de quen se trata:   Chega a disparar ata 1500 veces nun só día… É natural de Carballo pero vive en Cee desde fai anos… Ten un fillo… É o gran […]
Sigue Leyendo

3Nov, 2016

Samain

Por: | Etiquetas:: ,

Este ano en APEM Cee e Vimianzo tamén celebramos o Samaín, fixemos un magosto no que nos demos un bo atracón de castañas, fixemos xogos, e pintarruxeamonos as caras de bruxas, pantasmas, monstros, etc. Pasamolo xenial, mágoa que teñamos que agardar todo un ano para poder voltar a celebralo de novo…, ou non!!! .
Sigue Leyendo

27Oct, 2016

II CEA SOLIDARIA DE APEM

Por: | Etiquetas:: , , , , ,

Para conmemorar o día da saúde mental que se celebra 10 de Outubro, este ano volvemos organizar unha Cea Solidaria. Os centros de Cee, Vimianzo e Carballo aunamos enerxías para sensibilizar e concienciar á xente. Fomos case 300 persoas, entre as que se encontraban representantes políticos das comarcas de Bergantiños e Soneira-Fisterra, o director de FerroAtlántica Carlos Oliete, o subdirector médico do Hospital Martín Mario Díaz, o coordinador da área sanitaria de Coruña Juan Carlos Díaz del Valle, profesionais do campo da saúde, servizos sociais e cultura e deportes, profesores […]
Sigue Leyendo

11Oct, 2016

Pilates

Por: | Etiquetas:: ,

Pasado o verán retomamos as nosas actividades deportivas, como novidade comezamos a facer o método pilates, xa que é un entrenamento que nos permite  mellorar a nosa forza muscular e control mental, mediante a relaxación e a respiración. Facemos sesións de 45 minutos de forma grupal coa axuda de música que nos permite crear un clima de distensión e o mesmo tempo de diversión. Estamos entusiasmados e esperamos en breve comentarnos os nosos avances, e dende aquí animámosvos a que vós tamén practiquedes este deporte.
Sigue Leyendo

3Oct, 2016

Entrevista

Por: | Etiquetas:: ,

Como cada  último mércores de mes os participantes da tertulia do CRPL de Cee-Vimianzo puxémonos  mans a obra para preparar a entrevista. Nesta ocasión, co inicio do curso escolar quixemos  coñecer en profundidade un dos colectivos de gran importancia dentro dos centros educativos: as ANPAS. Montse Canosa, secretaria da ANPA Uxío do Colexio Eugenio López de Cee, coordinadora das ANPAS da zona e Representante da Federación de ANPAS Galegas da Costa da Morte non dudou un intre en participar con nós. Acudiu a visitar as instalación de APEM en Cee […]
Sigue Leyendo

30Sep, 2016

Fin dun ciclo

Por: | Etiquetas:: ,

Adeus tomates, adeus pepinos, adeus chícharos pequenos, adeus xudias saborosas, non sei cando nos veremos, Miña terra miña terra, terra onde eu sachei, hortiña que quero tanto, berenxenas que plantei… Pois si!!, rematamos co cultivo de verán nos invernadoiros de Cee, e aínda que nos dea moita pena ir retirando as plantas que tanto coidamos estes meses temos que ser fortes e dar a benvida ó cultivo de inverno, xa estamos niso, preparando para ter grelos, repolo, leitugas, cenorias, e unha chea de hortalizas propias da época.
Sigue Leyendo