22May, 2017

Excursión a Sanxenxo

Por: | Etiquetas:: , ,

A pasada semana un grupo de usuarios do CRPL Sara Vázquez disfrutaron dunha pequena escapada de 4 días a casa vacacional de Feafes en Sanxenxo. Nesa excursión aproveitamos para visitar e coñecer lugares da nosa xeografía de tremenda beleza, como son o paseo marítimo de Sanxenxo e Portonovo, así coma o seu litoral cheo de praias preciosas, a Illa da Toxa e a vila do Grove así coma o parque Natural da Barosa no concello de Barro. Tamén aproveitamos para facer actividades de ocio coma unha ruta en barco para […]
Sigue Leyendo

24Abr, 2017

Entrevista a Juan Hernández

Por: | Etiquetas:: , ,

A pasada semana realizouse a entrevista da sexta entrega da nosa revista, VIMBIOS, e nesta ocasión entrevistouse a Juan Hernández, codirector da Escuela de Tenis Marineda en Cambre. A entrevista levouse a cabo no noso centro de Culleredo, A Casa Rosa, e nela participaron usuarios de todos os centros de Apem. Non queremos desvelar nada, pero si queremos destacar a labor de investigación e recollida de información feita polos nosos “xornalistas particulares” que estiveron traballando nela, sempre motivados para que todo saíra ben! Moi bo traballo chicos!  
Sigue Leyendo

27Mar, 2017

Concurso de fotografía

Por: | Etiquetas:: ,

En Apem Culleredo estase a cocer un concurso de fotos. Esta idea xurdiu nun dos grupos de Terapia  Ocupacional co obxectivo de deixar voar a nosa creatividade. Haberá dúas categorías, unha de edificios e a outra de natureza. Todos poden participar, e para iso poden presentar un máximo de 7 fotografías en total. Para facilitarlles a labor, dende Apem organizamos saídas, e paseos pola zona, compartindo cámaras para captar a imaxe perfecta. Estase pensando realizar unha exposición con todas as fotografías presentadas no concurso, exposición de carácter aberto, para que […]
Sigue Leyendo

16Mar, 2017

8 de marzo. Día Internacional da muller

Por: | Etiquetas:: ,

O mércores 8 de marzo, día internacional da muller, acudimos á casa consistorial de Cambre para conmemorar este día en compañía de Beatriz Sotelo Sequeiros, cociñeira profesional, copropietaria do restaurante A Estación de Cambre, e a primeira galega en recibir unha Estrela Michelín, ademais de ser “Cocinera del Año” en 2008. Unha muller que triúnfa nun mundo de homes, a alta cociña! No acto tamén falou o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, que dixo que había que loitar por un mundo igualitario entre homes e mulleres, e que, é […]
Sigue Leyendo

6Mar, 2017

Festa do Entroido (parte II)

Por: | Etiquetas:: ,

Como ben vos explicamos a semana pasada, na nosa festa de Entroido non faltou de nada… e coma toda boa verbena, non podía faltar o “bochinche” composto, como non podía ser doutra forma, por doces propios destas datas. Filloas, rosquillas, orellas e buñuelos… todos caseiros, todos feitos por nós nos nosos talleres de repostería e de cociña, e todos boísimas, porque non quedaron nin as migas… así que como vos imaxinades, ese día si que nos puxemos “mans á masa” . Prometemos voltar á repostería saudable cedo, que despois de […]
Sigue Leyendo

27Feb, 2017

Festa do entroido (parte I)

Por: | Etiquetas:: ,

Cómo cada ano, festexamos o Entroido por todo o alto, posto que se trata dunha das nosas festas favoritas, e este ano, o primeiro na Casa Rosa, non ía ser distinto! A temática deste ano foi a orquestra! Para iso había que poñerse en situación e nos clasificamos en diferentes roles, cantantes, músicos, coristas… Elaboramos uns chalecos vermellos no taller de costura para ir todos ben uniformados, e entre perrucas, gafas e sombreiros xa tiñamos o noso disfraz! En cánto as cancións… foron eles dos que se encargaron da letra, […]
Sigue Leyendo

20Feb, 2017

Un San Valentín moi doce!!

Por: | Etiquetas:: ,

Con motivo da celebración do día dos namorados, no taller de repostería quixemos facer un doce que representase  o amor; e por iso, se nos ocorreu facer uns corazóns de hoxaldre recheos de chocolate! A receita é moi sinxela, non leva moito tempo e son perfectos para acompañar cun café ben quentiño. Se vos tamén queredes probar, non o dubidedes, porque están boísimas: 2 láminas de masa de hoxaldre(ou outra masa que prefirades, masa quebrada, por exemplo). 150g de chocolate con leite Aceite de xirasol. Preparación: Esténdese ben a masa, […]
Sigue Leyendo

14Feb, 2017

Teatro no Burgo

Por: | Etiquetas:: , ,

O xoves fomos invitados ao edificio de servizos múltiples do Burgo, aladiño da Casa Rosa para ver unha obra teatral moi dinámica e entretida. Unha obra atípica onde os diálogos quedaban relegados a un segundo plano; cun elenco moi profesional e diverso que tanto interpretaban, coma bailaban, tocaban instrumentos musicais, cantaban soul e patinaban! Todo na mesma obras (case nada). Dende aquí queremos agradecer ao Concello de Culleredo por convidarnos a asistir a este espectáculo. Estaremos encantados de volver en futuras ocasións.  
Sigue Leyendo

6Feb, 2017

«Lo voy a conseguir»

Por: | Etiquetas:: ,

A nosa parrilla de actividades amplíase cada vez máis, agora tamén contamos ca actividade de terapia ocupacional e un dos temas que mais gustou ata o momento é o de conseguir os nosos desexos,  e ter  novos retos. Trátase dunha especie de “propósitos de ano” pero desta vez, feitos de verdade e a conciencia! Cada un dos chic@s, meteu nun sobre, persoal e intrasferible, co lema “lo voy a conseguir” todos eses retos e propósitos que queren lograr… por exemplo: baixar uns quilos, facer máis deporte… Cando logren un deses […]
Sigue Leyendo

30Ene, 2017

Preparando o Entroido

Por: | Etiquetas:: ,

Xa non queda nada para unha das nosas festas favoritas: o Entroido. Nos xa temos claro de qué nos imos a disfrazar pero agora temos que empezar a preparalo todo. Os disfraces  os confeccionaremos aquí, a letra das canción aínda están no proceso creativo e ensaiar a coreografía para qué ese día quede todo perfecto. A idea… non a desvelamos, así que ¡sorpresa! Só os dicimos que imos dar o cante! Polo pronto, xa fomos entrando en ambiente comendo unas orellas ben boas!
Sigue Leyendo