7Nov, 2016

A toda máquina!!!

Por: | Etiquetas:: ,

Os nosos talleres xa botan fume preparando a campaña navideña, para ter todo a punto para estas datas tan especiais. Adornos para ó árbore, para as portas e chemineas, calcetíns, papas noeis e coroas de flores fanse oco no espazo, acompañadas de detalliños e regaliños especiais do nadal… Todo isto sen esquecer o belén de fofuchas no que cada ano incorporaremos algún que oputro personaxe… Non queda nada para o Nadal, así que hai que ir “vestindo” a casa!  
Sigue Leyendo

31Oct, 2016

Isto si que é unha festa de Samaín!

Por: | Etiquetas:: ,

Isto si que é unha festa de Samaín! Disfraces terroríficos,maquillaxes de infarto photocall de meigas, a escena dun crime, unha tumba encantada, morcegos, calaveras, calabazas, fantasmas e un menú que levantaría da tumba ao mesmiño Drácula! Así no lo montamos en Apem Culleredo, tiramos a casa pola fiestra para montar unha gran festa! Na que non faltou detalle, música tenebrosa e o xogo do “asasino” incluído…se pode pedir mais?  
Sigue Leyendo

17Oct, 2016

Preparando o Samaín

Por: | Etiquetas:: ,

Xa queda menos para o Samaín e nos xa empezamos cos preparativos do que será a nosa gran festa! Puxémonos mans á obra para preparar unha decoración terrorífica, buscar receitas de medo e música apropiada para este día que afrontamos con gran paixón, porque xa tiñamos gañas dunha festiña! Queda pendente os disfraces, de libre elección para cada un, co valor engadido de que haberá un premio para o mellor disfraz! Así que a “rebanarse os sesos” (nunca mellor dito) en busca da mellor carectización! Adxuntamos unha foto da festa […]
Sigue Leyendo

10Oct, 2016

Hoxe…Día Mundial da Saúde Mental

Por: | Etiquetas:: , ,

Hoxe, 10 de outubro, é o día Mundial da Saúde Mental, e por iso temos que festexalo! Levamos parte da semana traballando a prol deste día; o mércores  5 de outubro asistimos ao Museo de Arte Contemporáneo, para participar no 4º aniversario do teatro social Lusco e Fusco e compartir e participar no acto que organizaron para conmemorar este día.     Tamén participamos na campaña  de sensibilización de Feafes Galicia #eunonteñoprexuizos  para levantar falsos mitos sobre as persoas con enfermidade mental. Para hoxe, temos preparado un acto onde os […]
Sigue Leyendo

3Oct, 2016

Excursión a Madrid

Por: | Etiquetas:: , ,

Moitos de vós, xa sabedes que un grupiño de chixs do noso CRPL fixemos unha mini escapada de fin de semana á capital de España, e o balance foi tremendamente positivo. Madrid nos recibiu cunha temperatura veraniega, sen demasiado calor (que era un dos nosos temores) e sen pizca de frío, polo que pasábamos todo o día fora tan a gusto! Todo saíu segundo o planeado, o venres, pola tarde “pateamos” o centro de Madrid, ou parte del, o sábado o pasamos pipa durante todo o día no parque de […]
Sigue Leyendo

26Sep, 2016

Esta semana, nos nosos talleres…

Por: | Etiquetas:: , , ,

Nesta semana, na actividade de habilidades sociais estivemos facendo análise de textos de diferentes cancións  de amor /desamor do pop español. A actividade consistiu en analizar a visión do amor en todas elas e o mensaxe que nos transmiten dando lugar a relación tóxicas. A través de escoitalas cancións e profundizar na súas letras chegamos ás diferentes conclusión e ideas clave: O amor non debe basearse en renuncias e sacrificios, e non debe supoñer o abandono da nosa individualidade e o espazo. Non se debe caer nos mitos do amor […]
Sigue Leyendo

19Sep, 2016

Esta semana nas nosas cociñas…

Por: | Etiquetas:: ,

Xa sabedes que os xoves temos taller de cociña, no cal elaboramos menús variados nutritivos e, para que negalo, moi saborosos! Esta semana tocou pescado, e o fixemos dun modo diferente ao que estamos acoastumados, probando así diferentes receitas e técnicas e innovando de cando en cando. Así que, tiramos do forno e elaboramos unha troita con verduriñas ao papillote acompañado dunha cama de patacas fritas  como prato principal,  tras tomar unha sopa quentiña de pescado con arroz, que agora neste tempo, xa mais otoñal que veraniego, presta ben. Sinxelo, […]
Sigue Leyendo

29Ago, 2016

Bisutería con materiais reciclados

Por: | Etiquetas:: , ,

Xa sabedes que nos nosos talleres prelaborais intentamos reciclar todo o posible e empregar os materiais que temos á nosa disposicións no día a día e lugar de tiralos ao lixo, como sucede co cartón e os papeis de periódico e de revista que empregamos e moitas das nosas cousas (canastillas, cestos, caixas, cadros e bolsas) pero esta vez fomos un pouco mais aló. De un tempo para aquí reutilizamos as mondas das laranxas e as cáscaras de ovos, que empregamos no nosos talleres de cociña e repostería, ou mesmo, […]
Sigue Leyendo

16Ago, 2016

Ferias y Olimpiadas APEM 2016

Por: | Etiquetas:: , , ,

Feria do Libro e Artesanía: A pasada semana un grupo de rapaces de Apem Culleredo acercámonos ata A Coruña para visitar á feira de Artesanía e do Libro, nas casetas que se atopan nos xardíns de Mendez Nuñez; ademais de observar as cousas tan bonitas que fan os diferentes artesáns, coller algún recorte para os nosos talleres e fichar as  vindeiras lecturas que temos pensado ler, tamén caeu algunha que outra compra, algún caprichiño para nós ou un agasallo para a familia, por que a verdade, non se pode negar, […]
Sigue Leyendo

8Ago, 2016

Xardín Botánico

Por: | Etiquetas:: ,

A pasada semana os rapaces de Apem Culleredo acercámonos ata o xardín botánico do Burgo, a un pasiño da Casa Rosa, para pasear e coñecer a variedade de árbores  tanto autóctonas coma de fora, que presenta, todas elas contan cunha explicación para que coñezas de que árbore se trata cal é o seu froito e a súa folla… ademais, no xardín botánico tamén dispoñen dun pequeno horto cun invernadoiro onde cultivan pequenas plantas cas que repoñen o xardín e unha variedade de bonsais… Fixemos a visita pola nosa conta así […]
Sigue Leyendo