27Oct, 2016

II CEA SOLIDARIA DE APEM

Por: | Etiquetas:: , , , , ,

Para conmemorar o día da saúde mental que se celebra 10 de Outubro, este ano volvemos organizar unha Cea Solidaria. Os centros de Cee, Vimianzo e Carballo aunamos enerxías para sensibilizar e concienciar á xente. Fomos case 300 persoas, entre as que se encontraban representantes políticos das comarcas de Bergantiños e Soneira-Fisterra, o director de FerroAtlántica Carlos Oliete, o subdirector médico do Hospital Martín Mario Díaz, o coordinador da área sanitaria de Coruña Juan Carlos Díaz del Valle, profesionais do campo da saúde, servizos sociais e cultura e deportes, profesores […]
Sigue Leyendo

11Oct, 2016

Pilates

Por: | Etiquetas:: ,

Pasado o verán retomamos as nosas actividades deportivas, como novidade comezamos a facer o método pilates, xa que é un entrenamento que nos permite  mellorar a nosa forza muscular e control mental, mediante a relaxación e a respiración. Facemos sesións de 45 minutos de forma grupal coa axuda de música que nos permite crear un clima de distensión e o mesmo tempo de diversión. Estamos entusiasmados e esperamos en breve comentarnos os nosos avances, e dende aquí animámosvos a que vós tamén practiquedes este deporte.
Sigue Leyendo

3Oct, 2016

Entrevista

Por: | Etiquetas:: ,

Como cada  último mércores de mes os participantes da tertulia do CRPL de Cee-Vimianzo puxémonos  mans a obra para preparar a entrevista. Nesta ocasión, co inicio do curso escolar quixemos  coñecer en profundidade un dos colectivos de gran importancia dentro dos centros educativos: as ANPAS. Montse Canosa, secretaria da ANPA Uxío do Colexio Eugenio López de Cee, coordinadora das ANPAS da zona e Representante da Federación de ANPAS Galegas da Costa da Morte non dudou un intre en participar con nós. Acudiu a visitar as instalación de APEM en Cee […]
Sigue Leyendo

30Sep, 2016

Fin dun ciclo

Por: | Etiquetas:: ,

Adeus tomates, adeus pepinos, adeus chícharos pequenos, adeus xudias saborosas, non sei cando nos veremos, Miña terra miña terra, terra onde eu sachei, hortiña que quero tanto, berenxenas que plantei… Pois si!!, rematamos co cultivo de verán nos invernadoiros de Cee, e aínda que nos dea moita pena ir retirando as plantas que tanto coidamos estes meses temos que ser fortes e dar a benvida ó cultivo de inverno, xa estamos niso, preparando para ter grelos, repolo, leitugas, cenorias, e unha chea de hortalizas propias da época.
Sigue Leyendo

19Sep, 2016

Benvida a bordo Alejandra

Por: | Etiquetas:: ,

Ultimamente en APEM Cee estamos de sorte. Fai pouquiño tempo despedíanse de nós dúas rapazas marabillosas, Cristina Canosa (estudiante de Traballo Social) e Uxía Sar (estudiante de Terapia Ocupacional), tralo seu voluntariado durante os meses de xullo e agosto. Coa súa colaboración contribuiron a enriquecer  as propostas para os nosos usuarios e as nosas usuarias na época estival, e querémoslles agradecer, tamén desde aquí, que elixiran APEM Cee. Foron só un par de meses pero para nós forman xa parte da nosa gran familia. Desexamos todo o mellor para elas. […]
Sigue Leyendo

13Sep, 2016

SEGUNDA CEA SOLIDARIA!!!

Por: | Etiquetas:: , ,

Xa temos todo posto a andar para xuntarnos un ano máis. Baixo o lema “SON COMA TI, pese que non o saibas” pretendemos facer un chamamento á empatía e a unión de todos. Para esta labor xuntámonos as Comarcas de Soneira, Fisterra e Bergantiños e queremos facervos unha macro invitación para que compartades con nós este día tan especial. A cea celebrarase o día 22 de Outubro ás 22.00h no Restaurante Pastoriza de Vimianzo e será unha velada cargada de sorpresas, ilusión e motivación. Dende os centros xa estamos traballando […]
Sigue Leyendo

6Sep, 2016

Encargos de verán!!

Por: | Etiquetas:: ,

Estamos a punto de acabar o verán, e dende APEM Cee e Apem Vimianzo  NON  atopamos mellor maneira de agradecer a tod@s as persoas que confiaron en nós para encargar os agasallos que entregarían os seus invitados nas bodas, bautizos e comunións que tivemos o longo do verán. Foron moitas e de diversa índole, todo un reto para nos!!!!!, xa que foron un  sinfín de agasallos personalizados, elaborados un a un coas nosas  mans, feitos con dozura e o mais grandes dos cariños, no que fomos cuidando ata o ultimo […]
Sigue Leyendo

30Ago, 2016

Mostra de artesanía en Corcubión

Por: | Etiquetas:: ,

Outro ano máis aquí estamos de novo participando na Mostra Artesanal de Corcubión, que se realiza durante todo o mes de agosto e no cal levamos participando varios anos Elaboramos entre todos/ as un stand amosando os nosos traballos realizados no Crpl de Cee e Vimianzo e dando a coñecer a nosa asociación mediante a entrega aos visitantes da revista e folletos informativos. Damos as gracias ao concello de Corcubión e a todos/as os que vos acercástedes a interesarvos polos nosos traballos. Esperamos  repetir en vindeiros anos.
Sigue Leyendo

17Ago, 2016

Xunqueira 2016

Por: | Etiquetas:: , , ,

Esta fin de semana estivemos de festas en Cee, o tempo acompañou e permitiunos desfrutar delas ó máximo!, cinco días de festa dan para moito…, estivemos na sesión vermú, fomos bailar pola noite e asistimos ós espectaculares fogos de artificio. O martes para poñerlle o broche final a tanta festa, asistimos ó concerto de David de María, pasámolo Xenial!  
Sigue Leyendo

9Ago, 2016

Sombra para ler

Por: | Etiquetas:: , , , ,

Esta semana a nosa familia da residencia de APEM Cee fixo unha saída moi refrescante, entretida e didáctica ó parque de Toba. Tratándose de combater as altas temperaturas deste mes de agosto e de levar a cabo unha actividade diferente, moi saudable e recomendable, a mellor das opcións presentouse na sombra do parque dos muiños de Toba cun bo libro na man. Suskind, García Márquez, Suso de Toro e moitos outros autores e autoras acompañáronnos nesta tarde de lectura e relaxación baixo a espesura dos carballos, piñeiros e castiñeiros desta […]
Sigue Leyendo