16Nov, 2015

Iniciando o Mentalízate

Por: | Etiquetas:: , , ,

Dende Soneira-Fisterra estamos orgullosos de anunciarvos o inicio do programa de sensibilización Mentalízate 2015-2016, promovido por FEAFES. Diriximosnos ós alumnos de 3º da ESO dos institutos para charlar acerca dos trastornos mentais, derrubando estigmas e chegando a conclusións moi positivas sobre como promover a nosa saúde mental. Comezamos polo C.E.I.P. Manuela Rial Mouzo de Cee, e camiñaremos cara Fisterra, Baio, Camariñas e Vimianzo. Dende APEM agradecemos inmensamente as colaboracións dos centros educativos, que sempre son tan importantes para a sensibilización no ámbito da saúde mental.
Sigue Leyendo

4May, 2015

Como todas as últimas semanas de cada mes tocou entrevista!

Por: | Etiquetas:: , , , , ,

Desta vez tivemos o pracer de entrevistar a vicedirectora do I.E.S Agra das Raíces pola súa gran implicación e colaboración na semana cultural que se organiza neste centro. Durante toda a semana os alumnos e alumnas do instituto participan  na multitude de actividades que teñen organizadas: talleres, charlas sobre trastornos alimenticios, de seguridade vial, protección civil, adestramento canino, búsqueda de emprego … e infinidade de elas entre as que nos incluímos nós mesmos. Durante toda a semana estivo unha das nosas voluntarias facendo tarefas de sensibilización e o xoves dúas […]
Sigue Leyendo

24Mar, 2015

APEM aparece no programa A Revista da TVG

Por: | Etiquetas:: , , , ,

O pasado sábado emitiron no programa A Revista da TVG unha sesión da Campaña Mentalízate que as nosas compañeiras realizaron no Centro Nuestra Señora del Carmen de Fisterra. MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización que levan a cabo todas as entidades que forman parte de FEAFES, está dirixida a adolescentes de entre 14 e 20 anos que ten por obxectivo promover a saúde mental a través do fomento de hábitos e estilos de vida saudables, e a prevención da enfermidade mental centrada en concienciar aos rapaces sobre o […]
Sigue Leyendo

19Ene, 2015

Campaña MENTALÍZATE, chega a Cee e Vimianzo

Por: | Etiquetas:: , , , ,

O pasado xoves dúas das nosas profesionais de Cee e Vimianzo comezaron coas charlas de sensibilización da Campaña Mentalízate, promovidas por FEAFES, no I.E.S. Pedra da Aguía en Ponte do Porto, pasaron unha agradable mañá cos alumnos e alumnas de 3º da E.S.O. falando do traballo da nosa entidade e da enfermidade mental, resolvendo todo tipo de dúbidas e intentado liberalos de calquera prexuízo ou idea preconcebida ao respecto; estiveron moi colaboradores e os resultados foron tremendamente positivos! E con esta motivación seguiremos coas charlas no C.E.I.P Manuela Rial e […]
Sigue Leyendo

15Dic, 2014

CAMPAÑA «MENTALIZATE» EN CARBALLO

Por: | Etiquetas:: , ,

En APEM  Carballo, vimos de poner en   marcha dende hai unas semans a campaña de Feafes MENTALIZATE. Estanse levando a cabo numerosas charlas nos Colexios da zona coa fin de informar e sensibilizar a xóvenes e adolescentes sobre as enfermedades mentáis, facendo fincapé na prevención, evitando o consumo de tóxicos, prestándolle atención e dandolle un enfoque positivo. Fíxoselles chegar a mensaxe de que a enfermidade mental e máis común do que pode parecer. As charlas fóron impartidas por a nosa psicóloga, nos IES Monte Neme e Parga Pondal, os ciclos […]
Sigue Leyendo