7Nov, 2016

Continuamos no Club de Lectura betanceiro

Por: | Etiquetas:: ,

A semana pasada, reunímonos por terceira vez para intercambiar opinións desta vez acerca do libro Un tranvía en SP, de Unai Elorriaga. Esta novela, revolucionou o panorama literario español, pola xuventude do seu autor e o orixinal do seu estilo, cando foi galardoada co Premio Nacional de Narrativa no 2002. Nesta ocasión, no noso club optamos por visionar a película Un poco de chocolate, do director Aitzol Aramaio, que fixo una boísima adaptación da novela e así puidemos intercambiar opinións sobre da historia e as persoaxes, onde un Héctor Alterio […]
Sigue Leyendo

19Sep, 2016

Club de Lectura Xururuca

Por: | Etiquetas:: ,

Imos xa co segundo título no noso club de lectura, esta semana na segunda reunión comentamos El adversario, de Emmanuel Carrère, un relato escalofriante baseado nunha historia real que conmocionou a todo un país. A análise deste libro permitiunos falar sobre sentimientos de angustia e o medo que xurde cando as estructruras sociais básicas se derrumban e os que teñen que protexer pasan a ser agresores. O libro non deixou indiferente a ningunha das dezaseis persoas que participamos nesta segunda reunión, polo que consideramos un éxito a súa elección.  
Sigue Leyendo

8Ago, 2016

Club de Lectura en Apem-Betanzos

Por: | Etiquetas:: ,

Comezamos en Betanzos unha nova actividade, o noso club de lectura que bautizamos como Club de Lectura Xururuca, facendo referencia ó primeiro libro lido he comentado no club Mi planta de naranja lima, de Jose Mauro de Vasconcelos. Nesta primeira xuntanza do club, falamos do autor, da súa biografía, da súa obra e en concreto desta, que narra feitos tan duros dunha forma tan sinxela e ó mesmo tempo profunda. Para falar da trama, dos temas tratados e describir as personaxes optamos por escoller cada un unha delas e presentarnos ó grupo. […]
Sigue Leyendo