4May, 2015

Un maio moi cargado…

Por: | Etiquetas:: , , , ,

En Apem Cambre estremamos un calendario de maio que ven cargadiño de plans e eventos de todo tipo. Mañá recibiremos na casa ao equipo de fútbol de Porta Nova para disputar o partido de volta da liga de FEAFES, para o cal xa estamos adestrando e preparándonos;  e sen deixar o deporte de lado, esta fin de semana, algúns dos nosos chicos participarán nun roteiro  ao carón do río Mero, co obxectivo de adecuar e acondicionar o camiño e limpar o lixo que se acumula neste, e por suposto pasar […]
Sigue Leyendo

13Abr, 2015

Liga de fútbol FEAFES

Por: | Etiquetas:: , ,

Estamos xa entrando na recta final da liga de fútbol de FEAFES! Esta semana tocounos facer de anfitrións e recibimos ós nosos compañeiros de Apem Coruña. Foi un partido complicado para o noso equipo pero,sen embargo foi unha vez mais unha grata sorpresa polo ben que conxenian ambos equipos. Así que, é con esta de capacidade de compañeirismo co que debemos quedarnos e a seguir preparándonos para o seguinte partido! Agora que o bó tempo nos está acompañando estamos coas pilas máis que cargadas!
Sigue Leyendo

16Feb, 2015

Liga de fútbol FEAFES

Por: | Etiquetas:: ,

O martes pasado o equipo de fútbol sala de Cambre disputou un encontró da liga de Feafes. Esta vez tocóunos lidiar cos compañeiros de Morea-O Barco de Valdeorras. Os ourensáns amosaronse un equipo moi conxuntado e levaron unha merecida victoria con un marcador final de Apem Cambre 4 Morea  7. Os de Cambre fixeron así a todo un gran partido e xa están desexando ir a xogar o partido de volta e darle a volta ó marcador.
Sigue Leyendo

9Feb, 2015

Desta si!!!

Por: | Etiquetas:: , ,

Fai unhas semanas comentamos que no próximo partido de fútbol sala da liga de Feafes, sairiamos pola porta grande e así foi. Neste caso o equipo rival foi a Asociación Portanova, estivo moi emocionante xa que os chicos dérono todo e ó final proclamámonos vencedores!!.
Sigue Leyendo

2Feb, 2015

Liga de fútbol de FEAFES

Por: | Etiquetas:: ,

O venres pasado o equipo de futbol sala de Apem Cambre disputou un encontro  co equipo da Asociación Porta Nova de Ferrol, dentro do campeonato de futbol sala organizado por Feafes. Coma sempre fomos moi ven tratados polos compañeiros de Ferrol desenvolvendose o partido cunha grande deportividade e camaradería. O resultado foi o de menos e sendo un partido tan igualado este asi o reflictiu o marcador. Porta Nova 6 – Apem 8.
Sigue Leyendo

26Ene, 2015

Baixando as comilonas navideñas

Por: | Etiquetas:: , ,

Despois dunhas datas farturentas do nadal os nosos chicos comezan o ano con gañas de queimar calorías!, e nada mellor que participar na liga de fútbol sala de Feafes . Nela xogamos once asociacións de toda Galicia pertencentes a dita federación. Neste partido enfrontámonos á Asociación Morea e tivemos mala pata; aínda que puxemos todo o noso empeño, e comezamos gañando, ó final os nosos visitantes acabaron impoñéndose. De todas formas como somos bos deportistas quedámonos con iso de que: o importante é participar! Desde xa comezaremos a prepararnos para […]
Sigue Leyendo