Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Comezo do taller de autonomía no ocio 2017

Para inaugurar este novo taller, o martes organizamos unha saída para visitar o Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Gozamos dunha visita guiada da man dun dos monxes beneditinos que leva no mosteiro dende o ano 2009. Grazas ás súas explicacións aprendemos parte da historia do mosteiro, da súa arquitectura e da vida diaria dos monxes. […]