7Nov, 2016

La Sagrada es solidaria!

Por: | Etiquetas:: ,

Los integrantes del centro de Sagrada Familia colaboraron en una campaña de recogida de alimentos y ropa que puso en marcha el Ayuntamiento de A Coruña para colaborar con los refugiados sirios que llegan a Grecia. Todos pusimos una cifra simbólica de 4 € para poder aportar nuestro granito de arena a esta solidaria causa.      
Sigue Leyendo

27Oct, 2016

II CEA SOLIDARIA DE APEM

Por: | Etiquetas:: , , , , ,

Para conmemorar o día da saúde mental que se celebra 10 de Outubro, este ano volvemos organizar unha Cea Solidaria. Os centros de Cee, Vimianzo e Carballo aunamos enerxías para sensibilizar e concienciar á xente. Fomos case 300 persoas, entre as que se encontraban representantes políticos das comarcas de Bergantiños e Soneira-Fisterra, o director de FerroAtlántica Carlos Oliete, o subdirector médico do Hospital Martín Mario Díaz, o coordinador da área sanitaria de Coruña Juan Carlos Díaz del Valle, profesionais do campo da saúde, servizos sociais e cultura e deportes, profesores […]
Sigue Leyendo

13Sep, 2016

SEGUNDA CEA SOLIDARIA!!!

Por: | Etiquetas:: , ,

Xa temos todo posto a andar para xuntarnos un ano máis. Baixo o lema “SON COMA TI, pese que non o saibas” pretendemos facer un chamamento á empatía e a unión de todos. Para esta labor xuntámonos as Comarcas de Soneira, Fisterra e Bergantiños e queremos facervos unha macro invitación para que compartades con nós este día tan especial. A cea celebrarase o día 22 de Outubro ás 22.00h no Restaurante Pastoriza de Vimianzo e será unha velada cargada de sorpresas, ilusión e motivación. Dende os centros xa estamos traballando […]
Sigue Leyendo

13Sep, 2016

ANDAINA SOLIDARIA COMO EVENTO CENTRAL NO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2016 EN BETANZOS

Por: | Etiquetas:: , ,

Como adiantamos a semana pasada, xa temos os detalles da Andaina Solidaria. As inscricións poderanse realizar a través do ingreso en conta bancaria ou ben nos establecementos físicos que aparecen no cartel. Non deixedes de apuntarvos, se tedes dificultade contactade coa delegación da nosa asociación en Betanzos e vos facilitaremos a labor. Vémonos o 9 de Outubro!!!!
Sigue Leyendo

17Ago, 2016

Xunqueira 2016

Por: | Etiquetas:: , , ,

Esta fin de semana estivemos de festas en Cee, o tempo acompañou e permitiunos desfrutar delas ó máximo!, cinco días de festa dan para moito…, estivemos na sesión vermú, fomos bailar pola noite e asistimos ós espectaculares fogos de artificio. O martes para poñerlle o broche final a tanta festa, asistimos ó concerto de David de María, pasámolo Xenial!  
Sigue Leyendo

12Jul, 2016

Correndo pola Costa da Morte

Por: | Etiquetas:: , ,

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos). E este ano quixeron contar coa presencia dos participantes […]
Sigue Leyendo

6Jul, 2016

Asalto ó castelo de Vimianzo

Por: | Etiquetas:: , ,

Ó igual que o ano pasado, estivemos no asalto ó asalto o castelo en Vimianzo co stand de APEM na feira de artesanía,  O sábado foi o día elixido para tal evento e dende Cee e Vimianzo puxemos todos os nosos esforzos para que as persoas que alí acudian puidesen ver e informarse de todo o que se fai nos nosos C.R.P.L.  
Sigue Leyendo

27Jun, 2016

PARTICIPACIÓN NA I ANDAINA FRAGAS DO EUME a favor do CANCRO INFANTIL

Por: | Etiquetas:: ,

Como persoas sensibilizadas co resto das problemáticas sociais que nos rodean, APEM Betanzos decidimos participar na I Andaina a favor do Cancro Infantil, organizada por Eumenatura e  Parchís centro de ocio infantil. O Proxecto Quimions iniciouse como unha iniciativa que xurdiu para facer máis levadeira a “andaina” dos nenos e nenas que recibían tratamento oncolóxico. Comezou coa idea de cubrir as bolsas que conteñen o tratamento con fundas de superheroes e contos infantís e logo converteuse xa nunha asociación cunha sede física que acollerá actividades para persoas que padecen cáncer […]
Sigue Leyendo

27Jun, 2016

II LEGUA IRMANDIÑA

Por: | Etiquetas:: ,

O pasado sábado 18 de xuño un grupo de rapaces do noso CRPL xunto cos compañeiros de Cee, Vimianzo e Carballo, acudimos ata Vimianzo para participar na carreira nocturna da II legua irmandiña; así pois, esta carreira integradora consistía en correr un 1km polas rúas de Vimianzo ata rematar dentro do castelo de Vimianzo, onde non faltou nadiña. Auga, froita fresca, bocatas e xurelos recen asados. Pero, aproveitando que nos desprazabamos, fomos antes de visita turística pola zona, e acabamos en Muxía, tomamos algo no porto e visitamos o Santuario; […]
Sigue Leyendo

27Jun, 2016

APEM SF

Por: | Etiquetas:: ,

¡APEM SF es la única red social que cuanto más te atrapa, más libre te hace! Aquí estamos en el taller de Inteligencia Emocional impartido los miércoles, con la actividad “almuerza con el otro cara a cara” compartiendo puntos de vista sobre experiencias vitales y conociéndonos en profundidad para ser libres. Y es que un diálogo verdadero, más allá de los prejuicios, nos conecta derrumbando fronteras y reconstruyendo nuevos límites desde el interior. «And I’m upside down. And I’m inside out. And I’ve never been happier»
Sigue Leyendo