Taller de Prensa en Carballo

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | junio 27th, 2017

En Apem Carballo facemos todos os días a primeira hora Taller de Prensa que eu considero como moi bo para os enfermos mentais. Penso  que nos axuda a manter a memoria mais activa e a non perder o fio da lectura. O funcionamento do taller e da seguinte maneira: Despois de darnos os bos días comeza a leer unha noticia un usuario, e a continuación axudados pola monitora comentamola  entre todos dando cada un a  opinión, siempre de un xeito respetuoso, que estime convinte. As noticias que nos interesan son de todo tipo culturais, deportivas, sociais ou políticas. Por veces tamen facemos algún taller divertido con motivo de esta actividad A monitora axudanos a seguir o fio da discusión, e  non suele haber enfrentamentos entre nos ainda que si  algún debate a fondo moi interesante.

Manolo Garcia Rama. Colaborador do CRPL Carballo.

Empezando a mañan coa prensa diaria.

Empezando a mañan coa prensa diaria.