Vacacións, Vacacións!

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | diciembre 15th, 2017

En setembro gozamos de cinco días de vacacións nas Rías Baixas, concretamente na comarca do Salnés. O 26 de setembro saimos dende Cee pola mañá cargados de ilusión, seis compañeiros e dúas monitoras cara o noso destino: a aldea de Nantes no concello de Sanxenxo.

No primeiro día da nosa estancia establecemos un itinerario de pobos ós que visitar, que ver e que actividades podiamos facer. Tamén decidimos os menús que iamos a realizar para poder facer a compra. É dicir, organizámonos en función das saídas facendo menús máis ou menos elaborados. Cada un de nos dun ou doutro xeito participou nas principais tarefas cociñar e limpar. Estábamos ben organizados. A hora de facer a compra era unha tarefa que tamén nos divertía moito.

A temperatura era ideal para viaxar e camiñar, o que nos permitiu recorrer toda a comarca e visitar os seus pintorescos pobos. Dende Sanxenxo á Portonovo, Noalla,  a praia da Lanzada e o pobo do Grove, Combarro e os seus coñecidos hórreos, Cambados; coñecida como a terra do albariño onde visitamos un museo a todo o proceso de elaboración do viño, a Illa da Toxa e o museo do xabón, etcétera. Contando sempre con tempo para un café ou un xeado, e agradables conversas. Xa na fin de semana baixamos  ate as cidades de Pontevedra e Vigo. Dende o porto de Vigo collemos un barco cara as Illas Cíes unha das actividades onde tiñamos grandes expectativas.

A viaxe ás illas foi moi tranquila, con un pouco de frío á ida xa que viaxamos na parte de arriba do barco, para apreciar as vistas da Ría de Vigo que eran espectaculares. Atracamos na praia de Rodas e dende alí iniciamos una ruta de sendeirismo, coñecida  como Ruta do Faro da Porta onde descubrimos a Illa do Sur ou tamén coñecida como a Illa de San Martiño, só cun mapa e seguindo as balizas da ruta, como auténticos exploradores. Pasamos todo o sábado nas Cíes, deunos tempo a camiñar, a comer, a darnos un baño na praia, a descansar, etcétera. Podemos resumilo como un día para non esquecer. Á volta, aínda  nos quedaban folgos e fomos a cear á Sanxenxo.

Estas viaxes sácannos da rutina habitual apórtannos aparte de diversión unha boa aprendizaxe. Serviunos para despexar a mente coñecendo novos lugares. Falamos moito, fixemos máis unión e coñecémonos un pouco mellor. Estas viaxes deberían de repetirse máis a miúdo, cremos que nos fan máis resolutivos, axudan a que sexamos máis autónomos ,a colaborar entre nos, tomar decisións, e a resolver problemas que poden nacer na propia convivencia. Poñernos de acordo nas tarefas que ten que facer cada un.

 

Lourdes, LoLo e Ramón, colaboradores nos CRPL Cee e Vimianzo.

Deja tu respuesta