Verán si ou si

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | julio 17th, 2017

Aínda que non o pareza en Galicia disque chegou o verán e, por iso, os xoves nos Chopos son diferentes e imos á praia. A nosa idea é ir coñecendo as praias máis próximas a Coruña. De momento xa visitamos Oza e Santa Cristina pero seguiremos sumando. Grazas a esta oportunidade podemos aproveitar para saír do centro, compartir outro tipo de experiencias, pasear pola praia e incluso probar en cal delas a auga está máis conxelada, tomar un pouco o sol, que non nos ven nada mal un pouco de vitamina D (sempre usando protector solar) ou facer deporte (xogamos ás palas, ao fútbol…).

 

Chopos 1

 

 

 

Chopos 2

 

Ah! E por certo, non nos esquecemos de que o mundo enteiro é como a nosa casa e polo tanto procuramos deixar a praia tan limpa como a atopamos ou incluso mellor (durante os paseos pola veira do mar sempre aproveitamos para recoller todo aquilo que non lle pertence ao mar, xa sexan plásticos, latas, chisqueiros…). Sen máis, irémosvos amosando o resto de praias esperando que poidamos contarvos que tamén gozamos días de sol!

 

Chopos 3

 

Deja tu respuesta