Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Corría o ano 2009, ala por Xuño, cando en una visita co meu Psiquiatra informoume que existía un Centro de Rehabilitación de Enfermos Mentais en Carballo, así que sen dubidalo  aló me vou, e ,e tras os  tramites de rigor e varias entrevistas coa Psicóloga empecei a ir solo polas tardes.  Pasado un tempo os profesionais recomendáronme que acudise todo o día.  Empecei  a ir mais horas, e o conto e que empezoume a gustar, ben e certo que contei con apoio de xente veciña que estaba traballando en APEM, que me foi de moita axuda. E así pasou o ano.

O  ano 2010, foi sobre todo un ano de adaptación, un ano sen moito que destacar, normalidade nas actividades que se facían por aquelas datas.Todo o persoal  me axudou moito, polo cal estoulles moi agradecido.

Ven o 2011 cargado de propósitos, arrego a minusvalía, o Certificado de Dependencia, e a Pensión Absoluta, en ese ano  xurde un Taller novedoso para todos nos como e o de Foami, con moita aceptación.

Xa no 2012  estou perfetamente adaptado o Centro, e moi integrado cos compañeiros. En esa época tamén empeza a traballar xente nova en APEM.

Comeza o 2013, con bastante distraimento xa  que se crea algún taller novo, eu co que mais contento estou é coa actividade de  Paseo Terapéutico.

O 2014, foi un ano moi malo xa que o longo del desaparece o 065, transporte no que eu viña tódolos días desde Laracha, aínda que de momento, supoño que con gran esforzó por parte de APEM seguimos con un servizo alternativo de taxi. Moitas grazas APEM. E  pasa o ano voando entre tanto axetreo.

Durante todos estos anos  estréanse obras de teatro nas cales participo. Nas últimas ademais o día de representación temos comida no Centro . Todo elo  gústame, xa que aparte  de que sempre estivo todo riquísimo,  disfrutamos de un día distinto.

En fin que nos Chopos en Carballo teremos fallos pero tamén temos moitos acertos. Eu percibo una melloría moi clara, non sinto que sufra estigma, xa que me considero e me comporto como una persoa  perfectamente “ normal”, integrada na sociedade na que vivo, de feito merquei una casa e contratei una hipoteca .

Gustaríame que esta carta sirva de agradecemento tanto a  Psicóloga como os monitores, cos que estou tódolos díase a todas as persoas que me axudaron a chegar aquí así como a Xunta Directiva de APEM por  traballar  para que nos podamos sentir todo o mais posible persoas plenas.

Usuarios do CRPL de APEM de Carballo disfrutando de unha tarde de primaveira en un parque da localidade.
Usuarios do CRPL de APEM de Carballo disfrutando de unha tarde de primaveira en un parque da localidade.

 

Manuel García Rama, CRPL de Carballo

VOLVER