A promoción persoal a través da lectura

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | julio 4th, 2016

Son múltiples os beneficios da lectura que todos coñecemos, e fuxíndo das críticas que falan dela como unha aficción individualista, destaquemos a labor dos innumerables clubs de lectura. É por iso que en APEM Betanzos, decidimos iniciar a andaina dun club de lectura que se convirta nun lugar de intercambio, de contacto entre persoas, de debate, e como non, de crecemento persoal e integración social. Pasada a fase de planificación toca agora dar o paso decisivo da súa formación e posta a andar….faremos aposta arriscada para comezar e aínda queda por decidir o nome. Sen presa pero sen pausa!