Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Hoxe informamos do programa de acompañamentos que facemos no  CRPL. A experiencia  dinos que o implicar os usuarios nas suas citas e toma de medicación  favorece o seu compromiso co tratamento. Para traballar o relativo a toma de medicación e autocoidados sobre todo sanitarios ou médicos levamos a cabo estas actividades de acompañamentos as citas, así como as de índole administrativo, cando pretenden realizar un tramite, co obxetivo de que sexan cada día mais autónomos.

Os obxetivos que buscamos son sinxelos, buscamos fomentar a autonomía en un amplio espectro de tareas, siempre sin perder de vista a importancia de implicar os familiares, xa que esto axuda a reforzar a relación do usuario coa familia;  acompañamolos  tamen en tareas administrativas, desde as mais sinxelas no banco ou en correos ata outras  para a realización de trámites mais complexos.

En resumen queremos que sexan conscientes de que son personas con capacidades que poden e deben desenrolarse.

 

Carballo

VOLVER