Actividades no xardín

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | julio 18th, 2016

Como xa sabedes, os meses do verán son meses “raros” xa que traballamos con constantes idas e voltas da xente, tanto traballadores coma usuarios, que disfrutan do período vacacional e por iso, nos centros somos menos.

Pero isto non significa que non sigamos traballando, e tamén, a pesar de non estarmos de vacacións, disfrutando do verán. De este xeito, dende o nosos CRPL intentamos facer unha axenda de ocio mais ampla, coma excursións, visitas e paseos pola zona, ir a praia e facer actividades ao aire libre!

Esta semana centrámonos moito neste último punto, a través de xogos e actividades lúdicas no noso xardín, pasear polo paseo marítimo ou xogar ao fútbol no parque.

Culleredo