Adeus 2015

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | enero 5th, 2016

Son datas de festa, de comida, de luces, de regalos… pero sobretodo son datas de familia e de recordos. Como sempre dicimos, na residencia en Cee somos como unha pequena gran familia!e por iso tratamos que nestas datas os nosos chicos se sintan aínda mais queridos. Para iso contamos cunha boa decoración, un bó repertorio de panxoliñas e unhas boas doses de cariño entre todos nós!pero sobretodo contamos cunhas marabillosas cociñeiras que fan uns menús exquisitos!!

Para rematar o ano fixemos varias dinámicas de reflexión nas que puidemos ir valorando todo o sucedido ó longo do ano 2015, cousas positivas que intentaremos manter e cousas negativas que intentaremos aprender delas. E logo entre todos preparamos unha fermosa mesa de nadal para recibir o ano como marqueses. De menú tivemos: entrantes variados, langostinos e un polo recheo exquisito!os postres mellor esquecelos porque se vos contamos todo o que comemos igual debemos empezar xa a operación biquini!!! Para rematar intentamos comer todos as doce uvas, como de costumbre foi casi misión imposible!!as risas apodéranse de nós e continuar o ritmo das badaladas é só apto para valientes!

Desexamos que todos rematarades o ano igual de contentos e felices que nós!! Así que FELIZ 2016

E MOITA ILUSIÓN E BOA SORTE PARA TODOS!!!!!