APEM aparece no programa A Revista da TVG

Por: | Etiquetas:: , , , , | Comentarios: 5 | marzo 24th, 2015

O pasado sábado emitiron no programa A Revista da TVG unha sesión da Campaña Mentalízate que as nosas compañeiras realizaron no Centro Nuestra Señora del Carmen de Fisterra.

MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización que levan a cabo todas as entidades que forman parte de FEAFES, está dirixida a adolescentes de entre 14 e 20 anos que ten por obxectivo promover a saúde mental a través do fomento de hábitos e estilos de vida saudables, e a prevención da enfermidade mental centrada en concienciar aos rapaces sobre o risco no consumo de tóxicos.

Nerea e Noelia, Psicóloga e Traballadora Social respectivamente de APEM Cee, enfocaron estas charlas dende un punto de vista moi participativo, traballando a eliminación dos prexuízos e estigmas previos que teñen os adolescentes con respecto a este colectivo, falándolles da enfermidade mental e as súas causas, sobre todo os factores precipitantes como o consumo de drogas para así facerlles ver que con un estilo de vida saudable poden previr un brote psicótico.

Agradecemos á TVG a cobertura que dou a esta campaña e deixamos aquí o enlace para poder ver o programa!

https://www.youtube.com/watch?v=DAWyqK4xfBQ&feature=youtu.be

 

Cee y Vimianzo-Mentalízate

Comentarios

5 thoughts on “APEM aparece no programa A Revista da TVG

  1. IVAN A.

    Realizaron unas charlas sobre enfermedades mentales para chavales de entre 14 a 20 años un detalle muy bonito.

  2. Marcos

    me alegro de que los medios de comunicación se impliquen en la divulgación de la prevención de enfermedades mentales

  3. Lorena Quintela

    Apem aparece en la revista de TVG

    La revista de la TVG hace mención esta semana del problema de la enfermedad mental para tratar de explicar la asociación del estigma -trastorno mental .Es importante que los medios de comunicación recoján este tipo de noticias para luchar contra la discriminación asociados a este tipo de problemas para concienciar a la gente de que hay soluciones para evitar que los enfermos se sientan ofendidos por problemas de adaptación a la sociedad de este tipo de problemas.

Sin comentarios