APEM-Betanzos de ruta polas Fragas do Eume

Por: | Etiquetas:: , , , | Comentarios: 0 | octubre 19th, 2015

Aproveitando a grande riqueza da nosa Galicia, realizamos unha ruta polas Fragas do Eume, partindo da sede de Eumenatura, en Queixeiro (Monfero). Realizamos a chamada Ruta dos Muíños, descubrindo ó longo de dúas horas, paisaxes, estructuras utilizadas para almacenar as castañas recollidas na fraga, muíños…. O noso guía Javier foinos explicando os segredos desta ruta e mostrando paisaxes que dende logo, volveremos a visitar. Experiencia altamente recomendable…e por certo, tamén hai rutas nocturnas polas Fragas do Eume…..atréveste?

Betanzos 1 Betanzos 2