Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Esta semán  aproveitando o bo tempo fixemos unha excursión o Castro de Borneiro, un castro galaico de finais da Idade do Bronce tamen coñecido como a Cibda, situado no Concello de Cabana de Bergantiños a poucos  Km do Dólmen de Dombate (que tamen visitamos recentemente).

Foi o primeiro Castro en ser datado con Carbono 14 en Galicia. Habitado entre os séculos  VIa.c  e I d.c. Nel non houbo romanización.

As vivendas son circulares e cuadrangulares de gran tamaño, varias dentro de un recinto amurallado. Conta con unha acropole (a parte mais alta) rodeada de un foxo e muros defensivos que actuaban como defensa natural. Desde a sua  altura podese controlar a desembocadura do  rio Anllons  e a ria de Corme-Laxe.  No seu descubremento no ano 1924 por  Parga Pondal y Pérez Bustamante   e en excavacións posteriores atoparonse multiples fragmentos de cerámica, útiles de bronce e ferro,muiños de pedra ou contas de vidro hoxe expostas no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

Rematamos a excursión con café en terraza y tapa.

 

Carballo 1 Carballo 2

VOLVER