Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

O pasado luns 16 de febreiro ás 16:00 h. celebramos no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de entroido que este ano tivo como temática principal a festa discotequeira dos anos 60, 70 e 80 que encarnamos na “DISCO APEM” onde non faltaba detalle, tiñamos dende pista de baile, barra de cócteles e cabina de DJ!

Para este evento contamos coa colaboración dos alumnos da academia de baile “Arte e Movemento”que foron os encargados de abrir o baile. Tamén participaron familiares e amigos, que xunto coa actuación dos nosos usuarios e traballadores, fixeron da tarde unha xornada diferente, animada e chea de alegría.

Rematouse a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes, na que non faltaron as orellas e filloas!

Cee-Vimianzo 1 (1) Cee-Vimianzo 1 (2)

VOLVER