O martes, 23 de decembro ás 16,30 h. celebrouse no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o nadal.
Comezou a festa cun entrañable vídeo feito polo persoal da asociación onde se lle facían preguntas os usuarios relacionadas co nadal. Aparecían imaxes deles de cando eran nenos e contaban anécdotas daquela época. A gravación finalizou cunha panxoliña escenificada por todos. Despois desfrutamos da actuación en directo do cantante Sergio Trillo, “Serj”, que nos deixou abraiados tanto pola calidade musical como pola súa espectacular voz. Por último, fíxose entrega da cesta que se rifou para nadal, co obxectivo de comprarlle un agasallo ós nosos usuarios.
Rematouse a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes.