APEM CEE-VIMIANZO CELEBRA A SÚA FESTA DE NADAL

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | diciembre 29th, 2015

O martes 22 de decembro ás 16,30 h. Celebramos no centro unha festa de portas abertas para festexar o nadal.

Josiño, locutor de Radio Nordés (Cadena Ser) foi o encargado de presentar as actuacións. Contamos coa participación do Mago Zonte, que nos deixou abraiados a todos cos seus trucos de maxia. Seguiu a festa coa representación por parte dos nosos chic@s dun sorteo especial da Lotería de Nadal Apem. No cal se   repartiron premios para os asistentes que foron doados por numerosos establecementos da zona (Naturmaz, Restaurante O Ribeiro, Marcos Rodríguez Fotografía, Farmatopedia Cee, Suministros Lar, Dafit, Aquacenit, Mais Deporte, Cacane, Peluquería Cyla, dentista Juan Francisco Canosa, Pastelería Silvia, Restaurante San Martín, Garaje de Pi, Clean & Clean, Estación de Servicio Bazarra, Noacar, A Dorna, Re 100, Euronics e Cines A Xunqueira).

Por último, fíxose entrega da cesta que se rifou no nadal, para axudarlle os Reis Magos a que lle trouxesen regaliños a todos os chic@s de Apem.

Tralo espectáculo entrounos un pouquiño a fame, así que as cociñeiras fixeron unha chocolatada e unha merendola para tod@s os asistentes.

Aínda que supuxo un gran esforzo a elaboración de todo o decorado navideño valeu a pena, xa que foi un día especial, cheo de emocións no que o pasamos realmente xenial!!!!!!

IMG-20151228-WA0001 DSCN4072 DSCN4049