Apem participa na I Xornada de Intercambio Asociativo

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | mayo 27th, 2015

A asociación participou o pasado sábado 23 de maio na primeira Xornada de Intercambio Asociativo organizada por FEAFES Galicia. O encontro no que participaron técnicos e directivos das asociacións membro, tivo lugar ó longo de toda a mañá na Escola Galega de Administración Pública e rematou cun aperitivo ó medio día.

No encontro fíxose unha posta en valor do camiño realizado por FEAFES Galicia e as súas catorce asociacións membro ó longo da súa historia, destacando os logros e avances acometidos grazas ó esforzo e traballo de todas as persoas que conforman a Federación. Así mesmo, reflexionouse sobre a situación actual que estamos a vivir , e a necesidade dunha maior cohesión para poder construir un futuro mellor para as persoas con enfermidade mental e as súas familias.

IMG_0547 IMG_0601 IMG_0690