Apoiando a mobilidade persoal no CRPL de APEM en Carballo

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | enero 18th, 2016

A dispersión da poboación na Comarca de Bergantiños é un problema á hora de acceder desde algúns lugares da mesma ós recursos comunitarios, si esto é un atranco para a poboación xeral, para as persoas con discapacidades convírtese nunha pedra no camino cara a súa rehabilitación xa que en moitas ocasións a carencia dunha rede de transporte axeitada impide que participen activamente na vida da comarca, e xa non digamos acceder diariamente a dispositivos que lle poidan axudar a mellorar a súa calidade de vida. O problema real ven sendo que ainda que se dispoña do recurso non se pode propiciar o seu uso porque non teñen facilidade para acceder a él, situación que ademáis de agravar e provocar nalgúns casos un retroceso na patoloxía, contribúen a  xerar situacións de infrautilización dos recursos dispoñibles e por tanto colocan a estas persoas en risco de exclusión social. Por iso desde a entidade púxose en funcionamento un programa de apoio á mobilidade das persoas con enfermidade mental que acuden ós nosos servizos, iniciando actividades como o transporte diario nalgúns concellos da comarca, e ademáis ó dispor dun transporte axuda a que moitas actividades que se realizan fóra das instalacións se poidan desenvolver con éxito.

 

Carballo