Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Os usuarios e monitores de Apem Carballo facemos numerosas saidas para coñecer as riquezas  e actividades da zona sendo que é unha das actividades nas que mais disfruto porque sempre aprendo cousas.  Ultimamente as que fixemos foron o Estudo de Arte Garabato, aquí en Carballo,o que imos de vez en cando. Nunha delas vimos cuadros pintados por un antiguo compañeiro, a exposición chamabase “Visions Oniricas”, representaba os seus soños e eran feitos con distintas técnicas. Outra vez vimos cuadros pintados con distintos tipos de lápiz (HB,B2,B etc) de unha artista chamada “ Rise”. Na derradeira saida vimos unha exposición fotográfica chamada “Olladas”; eran fotografías relacionadas coa Feira de Carballo.

Este pasado verán tamen fixemos visitas de tipo cultural, a que mais me gustou foi a do Mosteiro  de Soandres, no Concello de A Laracha, foi unha visita guiada polo cura  que nos contou que nél, ala no século XI había frailes benedictinos que se dedicaban a facer calzado, coser ou traballar a terra; ensinounos o s interiores onde había unha palmeira vella; tamen estivemos na sacristía e vimos as imaxes que teñen mais  devotos como a de San Benito.

O rematar estas mañans tan entretenidas, antes de volver o Centro imos tomar uns cafés con tapa para repoñer forzas que nos sentan moi ben.

Colaborador Ramón Gil Fernández. Apem Carballo.

carballo
Os participantes das saídas de ocio durante un descanso

VOLVER