Baixando as comilonas navideñas

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | enero 26th, 2015

Despois dunhas datas farturentas do nadal os nosos chicos comezan o ano con gañas de queimar calorías!, e nada mellor que participar na liga de fútbol sala de Feafes . Nela xogamos once asociacións de toda Galicia pertencentes a dita federación.
Neste partido enfrontámonos á Asociación Morea e tivemos mala pata; aínda que puxemos todo o noso empeño, e comezamos gañando, ó final os nosos visitantes acabaron impoñéndose. De todas formas como somos bos deportistas quedámonos con iso de que: o importante é participar!
Desde xa comezaremos a prepararnos para que no noso próximo partido, o día 3 de febreiro, contra a Asociación Portanova, poidamos saír pola porta grande.

 

Cee y Vimianzo

Deja tu respuesta