Benvida a bordo Alejandra

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | septiembre 19th, 2016

Ultimamente en APEM Cee estamos de sorte. Fai pouquiño tempo despedíanse de nós dúas rapazas marabillosas, Cristina Canosa (estudiante de Traballo Social) e Uxía Sar (estudiante de Terapia Ocupacional), tralo seu voluntariado durante os meses de xullo e agosto. Coa súa colaboración contribuiron a enriquecer  as propostas para os nosos usuarios e as nosas usuarias na época estival, e querémoslles agradecer, tamén desde aquí, que elixiran APEM Cee. Foron só un par de meses pero para nós forman xa parte da nosa gran familia. Desexamos todo o mellor para elas.

Afortunadamente  parece que continúa a boa racha! Esta semana comezou a súa andadura en APEM Cee Alejandra López, psicóloga postgraduada en dirección e xestión de recursos humanos, cursando o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria. Alejandra decidiuse polo noso centro para levar a cabo as prácticas coas que cerrará exitosamente o curso 2016-2017, e polas que estará con nós ata finais de ano. Podo dicirvos que é unha persoa cunha actitude inmellorable e que aprende á velocidade da luz! Seguro que aportará grandes cousas á nosa institución.

Xa vedes, non se pode pedir máis! Parece que APEM Cee desprende unha enerxía especial porque atrae a xente moi especial. Benvida Ale!!

20160916_125412