Cambio climático: dudas e certezas.

Por: | Etiquetas:: , | Comentarios: 0 | diciembre 23rd, 2015

O dióxido de carbono altera a temperatura media do planeta pola súa capacidade de absorber primeiro e remitir cara a terra despois, parte da enerxía solar que se reflexa na superficie de esta. A propia atmoñsfera non absorbe de forma significativa a radiación solar entrante, se non que se quenta de abaixo a arriba a partir da calor que lle transmite  a terra e en menor medida os océanos. Deste xeito ao incrementarse a concentración de CO2 atmosférico, parte da calor que de outra forma se perdía no espazo queda atrapada na atmósfera alterando o balance térmico do planeta, isto é o que se chama Efecto invernadoiro.

Para a grande maioría de especialistas o periodo no  que por mor da revolución industrial o home incrementou a concentración de dióxido de carbono na atmósfera, coincide con un espectacular incremento da temperatura media do planeta.

Sempre hai que ter en conta que calquera variable que nos informe do comportamento da atmósfera, dos intercambios de materia ou enerxía que nela se dan, vai presentar a corto plazo unha grande variabilidade, é dicir, a parte das variacións estacionais, as medidas de dita temperatura en diferentes anos pode oscilar non só polo quecemento global se non polo chamado comportamento caótico da atmosfera. Este comportamento caótico e o que impide facer prediccións meteoroloxicas  mais alá de uns poucos días.

 

carballo

 

Juan José Pallas Aldao, usuario del CRPL Carballo

Deja tu respuesta