Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña

Os días 30 de setembro e 1 e 2 deste mes, un grupo de chicxs de Apem Cambre collemos as nosas mochilas e dirixímonos ata Santiago de Compostela. Percorremos o derradeiro tramo do Camiño Francés organizado por Feafes xunto outras asociacións que traballan a prol da enfermidade mental coma Andaina, Morea e  AfaesPortanova integradas, tamén, na Federación, ademais de distintos clubs de ocio da mesma.

Case 40 persoas entre usuarios, monitores e familiares  percorremos en tres días arredor de 30 km dende Salceda (O Pino) ata Santiago de Compostela. Érguiamos cedo e camiñabamos pola mañá, polo que as tardes estaban libres para descansar, pasear pola zona onde se atopaba o albergue ou facer actividades de ocio cos compañeiros.

O venres á chegada a Compostela contemplamos a Catedral deitados na praza do Obradoiro como normalmente fan os peregrinos, paseamos pola zona vella e houbo quen se animou a ir á misa do peregrino. Tamén tivemos unha recepción na Casa do Concello, no emblemático Pazo de Raxoi, con membros da corporación municipal.

O obxectivo principal desta actividade é mostrar unha imaxe normalizada da enfermidade mental  e loitar contar o estigma e os prexuízos que a enfermidade acarrea; pero ademais, de xeito individual, proporciona benestar persoal e social. É unha boa forma de saír da rutina, pasalo ben, facer deporte, descubrir grandes paisaxes e coñecer xente nova.

Este, era o sexto ano que Feafes organiza a andaina polo camiño de Santiago, o primeiro para nós, e, a pesar do cansazo e o dolor de pés, de seguro que repetimos xa que a experiencia foi mais que positiva!

Cambre-CAMI+æO DE SANTIAGO (1)
Os participantes do camiño diante da Catedral
Cambre-CAMI+æO DE SANTIAGO (2)
Fotomontaxe con diferentes esceas ó chegar a santiago

 

Esther  Muñoz, Educadora Social en el CRPL de Cambre

VOLVER