Campaña MENTALÍZATE, chega a Cee e Vimianzo

Por: | Etiquetas:: , , , , | Comentarios: 0 | enero 19th, 2015

O pasado xoves dúas das nosas profesionais de Cee e Vimianzo comezaron coas charlas de sensibilización da Campaña Mentalízate, promovidas por FEAFES, no I.E.S. Pedra da Aguía en Ponte do Porto, pasaron unha agradable mañá cos alumnos e alumnas de 3º da E.S.O. falando do traballo da nosa entidade e da enfermidade mental, resolvendo todo tipo de dúbidas e intentado liberalos de calquera prexuízo ou idea preconcebida ao respecto; estiveron moi colaboradores e os resultados foron tremendamente positivos! E con esta motivación seguiremos coas charlas no C.E.I.P Manuela Rial e I.E.S. Agra de Raíces en Cee, no C.E.I.P. Nuestra Señora del Carmen en Fisterra e I.E.S. Terra de Soneira en Vimianzo.

Cee-Vimianzo

Deja tu respuesta