Campionato de Pin Pon

Por: | Etiquetas:: , , | Comentarios: 0 | mayo 22nd, 2017

O día 5 de maio acudimos ó torneo de pin pon que se celebra anualmente, e organiza Feafes Galicia.

Nesta ocasión tivo lugar no club do Mar San Amaro na Coruña, alí xuntámonos con outras asociacións coas que compartimos a mañán.

Despois de varias quendas de todos contra todos de tenis de mesa, e cun nivel de técnica espectacular, un dos nosos xogadores ( Lolo Bermúdez ) logrou chegar a semifinais, acadando un moi merecido 3º posto.

A final foi moi axustada xa que os dous xogadores que a disputaron deron o mellor de si e o publico animounos ata a ultima xogada.

Logo desta axustada final, procederon á entrega de premios, nesta ocasión os trofeos foron realizados polos nosos compañeiros de Keramikos.

Para rematar compartimos todos xuntos un xantar no mesmo club.

pinpon